18 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

11.05.2015

O alcalde de Foz aclara que a Fundación Asilo foi a que solicitou que a subvención do Concello fose entregada a Mensajeros de la Paz.

Javier Castiñeira acusa a Cancio de utilizar a residencia de maiores para facer electoralismo.

Recomendar Imprimir Atrás

3.4/5 [45 Voto/s]

Foz, 11 de maio de 2015.- Ante as críticas vertidas polos socialistas nas últimas horas, o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, aclarou esta mañá que a Fundación Asilo foi a que solicitou que a subvención do Concello para a residencia de maiores focense fose entregada a Mensajeros de la Paz, organización que xestiona o centro. Ademais o rexedor municipal acusa a Cancio de utilizar agora o asilo para facer electoralismo.

“Ante a crítica que o señor Cancio fai sobre a subvención que o Concello de Foz lle deu á Fundación Asilo e que se canalizou directamente a Mensajeros de La Paz parécenos sumamente vergonzoso que este señor utilice agora ao asilo para facer política electoralista, despois de perder claramente un debate electoral, no que quedou en ridículo. Ante esas acusacións o que lle dicimos é que este goberno fai as cousas de maneira transparente e cristalina: foi a propia Fundación Asilo a que mediante unha carta nos mostrou a súa intención de que se fixera chegar directamente a subvención e o pago a Mensajeros de La Paz, que é quen está xestionando o asilo de Foz. Polo tanto o señor Cancio que non se poña nervioso, xa que o Concello de Foz está facendo as cousas como hai que facelas e ten un compromiso co asilo, pois leva máis de 100.000 euros tramitados en subvencións para que o asilo de Foz siga dando este servizo aos nosos maiores”, explicou Javier Castiñeira.

Ademais o alcalde focense manifestou que “o señor Cancio debería preocuparse un pouco máis dos compromisos que adquiriu a Deputación de Lugo, a do señor Besteiro, que veu presentar o outro día ao señor Cancio, porque se comprometeu a dar 12.000 euros ao asilo e aínda non firmaron o convenio nin pagaron; en cambio si o fixeron o Concello, con 25.000 euros, e 12.000 euros a Xunta. Esta é a seriedade dunhas institucións fronte á falla de vontade e as mentiras dos socialistas e do BNG, que se comprometeron co asilo e despois nada de nada. Polo tanto, señor Cancio, tranquilícese, busque ben os papeliños, asegúrese do que está dicindo porque está metendo a unha institución de máis de 80 anos nunha lea política que non ten ningún sentido”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz