26 de Abril de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

08.05.2015

A Xunta concedeu unha subvención ao Concello de Foz para instalar un parque infantil e mellorar o alumeado público na área recreativa de Cangas.

Recomendar Imprimir Atrás

3.2/5 [52 Voto/s]

Foz, 8 de xuño de 2015.- A Xunta de Galicia acaba de comunicar a concesión dunha subvención ao Concello de Foz, que se destinará para a instalación dun parque infantil en Cangas e para mellorar o alumeado público na área recreativa desa parroquia.

A concelleira de Medio Ambiente, Maite López Rego, explicou que “o Concello acaba de recibir a confirmación dende a Xunta de Galicia de que se lle concedeu unha subvención que había tempo que estaba solicitada para infraestruturas urbanas. Neste caso o proxecto é para dinamizar a zona máis activa da parroquia de Cangas, que é o entorno do pavillón. Hai que ter en conta que Cangas é a parroquia do rural máis grande que ten actualmente o concello, con case mil habitantes”.

Maite López especificou que “o proxecto inclúe a dotación dun parque infantil na zona onde está o centro cívico de Cangas, o pavillón e os accesos á area recreativa e á igrexa, para que os nenos e nenas de Cangas poidan gozar tamén desa zona. E ademais contémplase a mellora do alumeado público en toda a área recreativa. Estas dúas obras foron solicitadas pola asociación de veciños de Cangas, o goberno municipal adquiriu un compromiso con eles e non parou ata que conseguiu esta subvención para poder levar a cabo estas obras”.

Para rematar a concelleira engadiu que “en total son máis de 36.000 euros o investimento que se vai facer, dos cales 29.000 serán aportados pola Xunta de Galicia e os 7.000 restantes fondos propios do Concello. As obras intentarase inicialas o antes posible para que no verán esta zona quede co parque infantil xa aberto aos nenos e o alumeado en boas condicións”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz