22 de Xullo de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

07.05.2015

O Concello de Foz organiza a primeira edición do Ciclo de Teatro de Primavera nas parroquias.

Haberá dúas representacións este domingo, día 10, en Cordido e San Acisclo.
E o sábado haberá un músical para o público infantil na Sala Bahía.

Recomendar Imprimir Atrás

3.3/5 [64 Voto/s]

Foz, 7 de maio de 2015.- O Concello de Foz organiza a primeira edición do Ciclo de Teatro de Primavera nas parroquias, que inclúe dúas representacións para este domingo, día 10 en Cordido e San Acisclo. E este sábado, día 9, haberá un musical para o público infantil na Sala Bahía.

O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, explicou que “o pasado xoves, día 30 de abril, deu comezo o primeiro Ciclo de Teatro de Primavera nas parroquias, que empezou na antiga escola de Marzán onde actuou a compañía A Adala, de Fazouro. Terá continuidade durante todo este mes de maio no resto das parroquias do concello. Este domingo, día 10, haberá dúas representacións: unha en Cordido, no centro cívico a partir das 18.30 horas coa compañía Pico do Castro; e en San Acisclo á mesma hora, nunha carpa instalada na igrexa, con Axóuxeres, de Vilaronte”.

Ánxel Paleo engadiu que “o venres día 15 tocaralle a Santa Cilla, no centro social coa compañía Pico do Castro; e ao día seguinte, sábado 16, O Batán, de Cangas, estará en Fazouro, na antiga escola, a partir das 8 da tarde. Para continuar o venres día 29 a partir das 8 e media da tarde no centro social A Saira, da parroquia de Nois, actuará O Batán, de Cangas. E para rematar o mes de maio o sábado 30 haberá teatro en dúas parroquias máis: en Vilaronte, no teleclube a partir das 8 e media da tarde estará O Batán, de Cangas; e ás 9 da noite en San Martiño, no centro social, gozarán coa actuación de A Adala, de Fazouro. A representación na parroquia de Cangas queda pendente para xuño e falta por confirmar a data, xa que están a tope de actividades neste mes de maio e xa quedaron en avisarnos para poñer a data no mes de xuño”.

O edil de Cultura destacou que “este primeiro Ciclo de Teatro de Primavera é a continuación do teatro de outono, iniciativa que comezou hai dous anos e ampliámolo polo éxito que tivo e as peticións dos nosos veciños e das asociacións das parroquias. E, como non, grazas aos grupos de teatro afeccionado mostraron o seu interese por achegar a todos estes veciños o seus traballos de forma altruísta. Para todos eles só teño mostras de agradecemento”.

Ánxel Paleo rematou anunciando que “este sábado a partir das 6 e media da tarde na Sala Bahía teremos teatro infantil coa compañía A nena e o grilo representando a obra musical titulada A nena e o grilo no país das apertas”.  

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz