19 de Setembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

05.05.2015

O Concello de Foz está arranxando as estradas nas dúas entradas á vila: Vilaxoane e Marzán.

Recomendar Imprimir Atrás

3.5/5 [62 Voto/s]

Foz, 5 de maio de 2015.- As estradas nas dúas entradas de acceso á vila de Foz, en Marzán e Vilaoxane, están sendo arranxadas polo Concello.

O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, explicou que “se están acometendo obras nas dúas entradas ao núcleo urbano de Foz, tanto en Vilaxoane, que se executaron onte, como en Marzán, que se están realizando hoxe. Son traballos de reposición do firme por zonas, retirando partes que se atopaban en mal estado para repoñelas con aglomerado en quente”.

O rexedor municipal engadiu que “nas dúas entradas de Foz había bastantes zonas con fochas importantes e o orzamento municipal deste ano 2015 ten suficiente crédito nesta partida para afrontar estas obras. Fíxose unha reserva de crédito porque os orzamentos contemplan esta posibilidade e ademais a boa situación económica na que está a día de hoxe o Concello, sen débedas cos bancos e pagadas practicamente todas as facturas dos provedores ata os meses de febreiro ou marzo, permite acometer estas obras con garantía de poder pagalas. E así non haberá que afrontar o novo mandato como tivemos que facer nosoutros cando chegamos ao goberno municipal, que tivemos que estar practicamente dous anos e medio pagando facturas dos provedores da anterior lexislatura”.

Javier Castiñeira rematou comentando que “estamos contentos por ver que se están facendo cousas no noso núcleo urbano e porque son dúas entradas importantes e necesitan estar reparadas. Pero quero pedir desculpas a todo os usuarios destas estradas polas molestias que causan estas obras estes días, pois en determinados momentos algún dos carrís ten que estar cortado nalgunhas zonas, polo que hai que circular coa máxima prudencia. Pero todo o mundo entende que cando se fan obras sempre se causa algunha molestia”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz