20 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

23.04.2015

Publicada a licitación da obra de mellora da N-642

Responsables de Fomento comunicaron ao alcalde de Foz que a licitación da obra de mellora da N-642 xa está publicada dende onte na platafoma de contratación do estado e sairá no BOE nos vindeiros días.

O rexedor trasladou esta información aos portavoces da oposición polo que considera que a mobilización de mañá en Madrid “é turismo electoral”.

Recomendar Imprimir Atrás

3.7/5 [38 Voto/s]

Foz, 23 de abril de 2015.- O anuncio de licitación da obra de mellora da estrada Nacional 642 ao seu paso pola Mariña xa está publicado dende onte pola mañá na Plataforma de Contratación do Estado e sairá no BOE nos vindeiros días. Así llo comunicaron responsables do Ministerio de Fomento ao alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, quen trasladou esta información aos portavoces dos grupos de oposición na corporación municipal. Por este motivo o rexedor considera que a mobilización anunciada para mañá, venres, en Madrid, para reclamar esta obra “é turismo electoral”.

Javier Castiñeira explicou que a estrada Nacional 642 “é evidente que se atopa nun estado de conservación moi malo, pero despois de varias semanas de recibir aquí, no Concello, aos responsables de Fomento, no día de hoxe informáronnos de que está moi avanzada a programación da contratación, que xa está anunciada na Plataforma de Contratación do Estado e proximamente sairá licitada no Boletín Oficial do Estado a obra de reparación do firme nos tramos de Foz, Burela e Cervo”.

O alcalde engadiu que “disto informamos persoalmente aos responsables dos grupos da oposición, que o único que están facendo é de cara á galería. Así o puidemos apreciar onte cando o propio secretario xeral de todos os socialistas de España veu aquí, a Foz, anunciar que se vai interesar por algo que xa está proxectado e en proceso de licitación. E os señores da Plataforma están anunciando que mañá, venres, vanse desprazar a Madrid, o que é unha viaxe de cara á galería, teatralizada e supoño que aproveitarán para facer algunha compra pola capital ou algunha visita turística porque están perfectamente informados polo alcalde de que proximamente sairá no BOE a licitación desa obra para o tramo da Nacional 642 que pasa pola Mariña. Son boas novas, pero reprochamos esa teatralización en época electoral dun aspecto moi importante, como é a seguridade dos nosos vehículos”.

Castiñeira recordou que para a execución da obra de mellora da N-642 “fixeron as xestións os deputados do Partido Popular, o senador Barreiro e eu mesmo, que nos dedicamos xa no mes de novembro a falar cos responsables de Fomento para que houbera unha partida orzamentaria, para que saíra o proxecto e para que fora licitado”.

Ao anuncio de licitación publicado onte pola mañá na Plataforma de Contratación do Estado pode accederse a través do seguinte enlace. 

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz