25 de Abril de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

22.04.2015

Hoxe foi entregada a obra da cuberta para a zona de xogos da escola infantil da Galiña Azul en Foz.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [67 Voto/s]

Foz, 22 de abril de 2015.- O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, explicou que “vimos de recibir as obras da cuberta da zona de xogos da escola infantil da Galiña Azul de Foz. Estamos moi contentos por recepcionar unha obra moi demandada polo persoal que traballa no centro, pero sobre todo polos pais e nais dos alumnos. A obra quedou moi ben, cun investimento que rolda os 20.000 euros e vai facer que esa zona de xogos sexa moito máis utilizada polos nenos e nenas, posto que cando chovía e se empapaba a goma protectora do chan era practicamente imposible xogar alí. E agora durante todo ano vaise poder usar esa zona de xogos”.

O rexedor municipal rematou dándolle as grazas ao Consorcio Galego de Benestar porque “este compromiso da Xunta de Galicia cumpriuse e no Concello estamos verdadeiramente contentos de que se amplíe unha infraestrutura necesaria na nosa escola infantil, igual que se fixo na outra gardería de Foz durante o mes de decembro unha obra importante de reparación de todos os chas e os forxados, que estaban aínda de madeira”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz