19 de Setembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

22.04.2015

O Concello de Foz dispón de sete traballadores máis dende hoxe e durante 7 meses.

Recomendar Imprimir Atrás

3.5/5 [48 Voto/s]

Foz, 22 de abril de 2015.- O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, explicou que “hoxe comezaron a traballar sete persoas que están recibindo a Renda de Integración Social de Galicia (Risga). Para o Concello son sete persoas máis colaborando nas labores municipais, pero sobre todo hai que destacar a boa intención da Xunta de Galicia para tratar de dar unha oportunidade a toda esta xente que está pasando unha situación complicada. Isto é unha moi boa oportunidade de traballo para estas sete persoas de Foz que van colaborar nos labores municipais, sobre todo de limpeza e xardinaría. Van estar durante os sete meses que dura o contrato con exactamente as mesmas circunstancias que ten calquera outro traballador do Concello. Polo tanto estamos contentos e agradecidos á Xunta de Galicia por seguir avanzando nas oportunidades sociais para todas aqueles colectivos desfavorecidos; e neste caso trátase de perceptores da Risga, que cun pequeno suplemento a esa paga faise un bo labor social, pero ademais colabórase cos servizos municipais dun concello como o de Foz, que no momento actual, no inicio da época estival, veñen moi ben para complementar á plantilla de traballadores do Concello, que é bastante corta. Polo tanto estamos contentos”.

O rexedor comentou tamén que “ademais estamos esperando a que saian as bases do plan de emprego municipal nas próximas semanas e todos aqueles focenses que estean no paro terán a oportunidade de presentarse a esas 15 prazas que vai ofrecer o Concello durante estes próximos días”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz