21 de Maio de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

14.04.2015

A pista de skate de Foz está sendo mellorada, polo que o alcalde pide paciencia aos usuarios e advírtelles que non pode utilizarse ata que rematen as obras.

Recomendar Imprimir Atrás

2.6/5 [56 Voto/s]

Foz, 14 de abril de 2015.- A pista de skate de Foz, que está na zona portuaria, atópase en obras para arranxala e mellorala. Por iso o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, pide paciencia aos usuarios desa instalación deportiva e advírtelles que non pode utilizarse ata que rematen os traballos.

O rexedor municipal explicou que “estase traballando na mellora da pista de skate por parte dos empregados da empresa que foi adxudicataria da obra, Pinturas Xurxo. Trátase sobre todo de mellorar a zona de patinaxe, tanto o pavimento como as xuntas entre as ramplas e a pista, que se atopaba en moi mal estado; incluso podía resultar perigosa para os patinadores. Máis da metade do traballo está feito, as xuntas están reparadas e agora practicamente só queda botar as resinas para o pavimento en toda a superficie, o que vai mellorar moito a zona de rodadura e a sensación do patinaxe”.

Javier Castiñeira engadiu que “era unha obra prometida aos usuarios, aos que lles pregamos que teñan paciencia estes días porque para botar as resinas fai falla que estea especialmente seco e, polo tanto, seguramente ata a semana próxima non se rematen as obras. Polo tanto pídolles paciencia, porque se agora se meten na pista pódese empeorar moito o acabado; e a intención do Concello e deixala nunhas condicións óptimas para a patinaxe e que esta pista siga sendo unha referencia para a nosa xuventude”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz