16 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

10.04.2015

A corporación de Foz aprobou cos votos favorables dos concelleiros do PP o recoñecemento extraxudicial de crédito para que o Concello pague facturas pendentes do 2014.

O alcalde destaca que Cancio recoñeceu o bo estado da economía municipal e explica que se logrou grazas ao esforzo dos veciños, dos provedores e do goberno local.

Recomendar Imprimir Atrás

3.2/5 [85 Voto/s]

Foz, 10 de abril de 2015.- A corporación municipal de Foz aprobou no pleno extraordinario celebrado onte, cos votos favorables dos concelleiros do Partido Popular, o recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de 340.000 euros para que o Concello pague facturas pendentes do pasado ano 2014. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, destacou que Jaime Cancio recoñeceu o bo estado da economía municipal, pero o rexedor explica que isto logrouse grazas ao esforzo dos veciños, dos provedores e do goberno local.

“No pleno extraordinario celebrado onte o recoñecemento extraxudicial de crédito de 340.000 euros sacouse adiante cos votos favorables do Partido Popular. Isto significa que os provedores que teñen facturas do ano 2014 pendentes, porque quedaron fóra de contabilidade ou porque entraron fóra de prazo, van poder cobrar nas próximas semanas”, explicou Javier Castiñeira.

O alcalde comentou ademais: “o que nos chama a atención para ben e que o señor Cancio, hoxe en día candidato do Partido Socialista, recoñeceu no propio pleno o bo estado da economía municipal e a mellora con respecto ao ano 2011, no que estamos de acordo practicamente todos. Pero non estamos de acordo en que este señor quixo atribuírse algún mérito neste sentido, cando realmente é o revés: a intención deste señor e de toda a oposición foi sempre bloquear as contas do Concello para tratar de sacar algún lucro político. E o verdadeiro mérito da situación económica que ten hoxe en día o Concello é dos cidadáns, en primeiro lugar, porque souberon entender a situación na que quedou o Concello, incluso no ano 2012, cando estes señores non aprobaron o pago a provedores, que foron os que sufriron durante 2012 e 2013 que o Concello tivera que pagar ese millón e medio de euros de facturas anteriores ao mandato do goberno popular; e despois tamén foi grazas á xestión, a valentía e a nobreza do grupo de goberno para afrontar unha situación delicada, que non se perdera ningún servizo e que o Concello notara o menos posible a situación difícil que estaba pasando. Polo tanto o mérito é dos veciños, dos provedores e do goberno local do Partido Popular de Foz, que fixo unha xestión responsable e sensata, que está dando os seus froitos agora. E iso dános a posibilidade de facer investimentos, como se está vendo nestes meses do último tramo do mandato”.

E Castiñeira rematou amosando a súa estrañeza porque “o señor Cancio e os concelleiros de Unifoz, despois de opoñerse durante toda a lexislatura a todos os recoñecementos extraxudiciais para que puidesen cobrar os provedores, agora, a un mes das eleccións, cambien o seu voto e se absteñan ou voten a favor. Nós entendemos que é claramente unha decisión electoralista, pois é completamente contraria ao que fixeron durante todo o mandato. Pero, de todos os xeitos vémolo ben porque, aínda que sexa con outra intención, cos seus votos evitan que os provedores teñan que reclamar estas facturas vía xudicial. Pero esta xente non engana a ninguén e parécenos vergonzoso que usen politicamente esta circunstancia”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz