21 de Novembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

09.04.2015

O alcalde de Foz pide precaución e desculpas polas obras de construción das gradas de formigón na pista polideportiva do Campo da Cabana.

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [32 Voto/s]

Foz, 9 de abril de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, pide precaución e desculpas aos veciños polas obras que se están levando a cabo estes días para a construción das gradas de formigón na pista polideportiva do Campo da Cabana.

“Dicirlles aos veciños de Foz e sobre todos aos rapaces usuarios da pista polideportiva ao aire libre do Campo da Cabana que estes días procedeuse ao comezo das obras de construción dunha grada de formigón”, explicou o rexedor municipal, que pide “precaución aos usuarios desas instalacións porque o Concello decidiu non pechar todas as pistas para que se puidese xogar na parte polideportiva e pechar so o ámbito onde se van construír esas gradas de formigón. Pedimos paciencia e precaución a todos aqueles que usen as instalacións do Campo da Cabana, que teñan coidado porque durante unhas semanas haberá obras naquela zona, incluso con maquinaria pesada nalgún momento porque as gradas de formigón son prefabricadas e precisan da instalación con grúas pesadas. Máxima precaución e pedimos as maiores desculpas polas obras”.

Javier Castiñeira engadiu que “eran necesarias, o Concello comprometérase a facelas despois da primeira fase, que foi o adecentamento de toda a pista e as redes perimetrales, e agora substituíronse aquelas gradas que había de ferro e de madeira, que estaban podres, para poñer unhas de formigón, moito más seguras e cómodas. E así rematarase a remodelación integral do Campo da Cabana despois de 25 anos”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz