23 de Xullo de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

27.03.2015

A liquidación do 2014 no Concello de Foz contempla un resultado positivo de 1.100.000 euros.

O alcalde espera que a oposición permita pagar todas as facturas pendentes aos provedores.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [37 Voto/s]

Foz, 27 de marzo de 2015.- A liquidación do 2014 no Concello de Foz contempla un resultado positivo de 1.100.000 euros, pero quedan facturas dese exercicio sen pagar porque o orzamento municipal deste ano non estaba actualizado. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, anunciou que levará este asunto a un pleno antes de que remate este mandato e espera que a oposición permita pagar todas as facturas pendentes aos provedores do Concello.

O rexedor municipal explicou que “no día de onte celebrouse o pleno ordinario da corporación municipal correspondente ao mes de marzo, no que, entre outros asuntos, o grupo de goberno deu conta da liquidación do ano 2014, que contempla un resultado moi positivo, de 1.100.000 euros. Vai na dinámica destes últimos anos, pero son datos que hai que tomar con certa prudencia porque é certo que estamos a falar duns orzamentos prorrogados do ano 2012, xa que nin no 2013 nin no 2014 a oposición apoiou para sacar uns orzamentos actualizados. Polo tanto hai partidas que quedaron sen consumir porque non se adaptaban ás esixencias e aos requirimentos do Concello, pero tamén houbo partidas que se quedaron cortas e iso impide o pagamento das facturas que están nesas partidas ou nesas bolsas de vinculación, o que vai xerar un recoñecemento extraxudicial, como veu ocorrendo nestes últimos anos”.

Javier Castiñeira destacou que “hai un compromiso por parte do grupo de goberno de levar este asunto a un pleno neste próximo mes, antes de que remate o mandato, para que todos os provedores poidan cobrar. Esa é a nosa intención e hai liquidez suficiente para poder facelo, pero a oposición ten que permitir aprobar esas facturas que quedan do ano 2014, que non tiveron cabida orzamentaria nas súas partidas ou na súa bolsa de vinculación e poder pagalas para que unha vez que remate a lexislatura queden todos os provedores resoltos. Ese foi o acordo que tivemos coa Acia, para que os provedores e todos os empresarios que teñan débedas pendentes de cobrar do Concello non sufran agravios por ningunha circunstancia política”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz