16 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

25.03.2015

Fomento licitará nas vindeiras semanas a rehabilitación do firme da Nacional 642 cun investimento de 1,2 millóns de euros.

Explicouno hoxe en Foz o secretario general de Infraestructuras da Administración estatal.

Recomendar Imprimir Atrás

3.9/5 [55 Voto/s]

Foz, 24 de marzo de 2015.- O Ministerio de Fomento sacará a licitación nas vindeiras semanas a obra de rehabilitación do firme da Nacional 642 cun investimento de 1.209.481,93 euros para mellorar 9,2 quilómetros desta estrada. Explicouno hoxe en Foz o secretario general de Infraestructuras da Administración do Estado, Manuel Niño González, acompañado polo xefe da Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia, Ángel González del Río, e polo responsable deste departamento en Lugo, Narciso González Florido, que se reuniron co alcalde, Javier Jorge Castiñeira, na Casa do Concello focense.

O rexedor municipal comentou que “dende o Concello de Foz agradecemos a súa presenza para abordar temas tan complexos como son o estado da Nacional 642 ao paso polo noso concello. Despois desta reunión congratulámonos de que efectivamente están sobre este asunto, pois está feito o proxecto de execución para a reparación do firme, que abarcará 9,2 quilómetros, divididos en tres tramos: dende o punto quilométrico 28,800, que está no núcleo de Mañente, ata o 36,500, en Fazouro; un segundo tramo próximo á variante de Burela; e outro tramo dende Burela ata Daián, xa no concello de Cervo. O groso destas obras vaise realizar no municipio de Foz. Estamos a falar dun investimento de 1.209.481,93 euros e o compromiso é que unha vez aprobada a obra, que xa o está, saia a licitación en próximas semanas no Boletín Oficial do Estado. E a partir de aí tratarase de contratar canto antes as obras”.

Javier Castiñeira tamén explicou que na reunión cos responsables de Carreteras do Ministerio de Fomento “abordamos outro tema importante, que sería a solución definitiva para todos estes problemas coa Nacional 642, que é o tramo de autovía A-82 dende Barreiros ata San Cibrao, que é estatal e actualmente está resolto o trámite ambiental e tamén o período informativo, polo que soamente queda a realización do proxecto definitivo. Para isto hai un compromiso orzamentario neste ano e así nolo confirmou o secretario general de Infraestructuras, xa que nos presupostos xerais do Estado para 2015 hai unha partida para licitar o contrato e que se redacte o antes posible. E nas próximas anualidades xa haberá partidas orzamentarias para a construción dese tramo, sobre todo no que se refire ao municipio de Foz”.

O alcalde focense rematou comentado que “o Ministerio ten boa vontade para reactivar isto en bo xeito e esperamos que, sobre todo o tramo máis urxente da Nacional 642, que é o de Mañente a Fazouro, estea rehabilitado antes do verán”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz