23 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

19.03.2015

O alcalde de Foz e a delegada territorial da Xunta supervisaron as obras de mellora do acceso á parroquia de Vilaronte na estrada autonómica LU-152.

Recomendar Imprimir Atrás

3.8/5 [63 Voto/s]

Foz, 19 de marzo de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e a delegada territorial da Xunta de Galicia, Raquel Arias, supervisaron hoxe as obras de mellora do acceso á parroquia de Vilaronte na estrada autonómica LU-152. Estiveron acompañados polo primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural, Pedro Fernández Manín, e polo presidente da asociación de veciños de Vilaronte, Ramón González.

O rexedor municipal explicou que “está practicamente rematada esta obra importante, do acceso a unha das parroquias máis habitadas do concello de Foz na estrada autonómica LU-152. Este acceso estaba nunhas condicións de seguridade bastante malas, cun trazado sinuoso e moi estreito, e vendo como quedou estamos encantados. Agradecemos, por suposto, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e á delegada da Xunta, Raquel Arias, que tamén nos acompañou, que apostaran por esta obra, que nos pediu a asociación de veciños e o seu representante tamén estivo con nós hoxe. Foi unha aposta importante que ven a sumar un acceso máis ao núcleo de Vilaronte, que agora é seguro nunha estrada importante que vai a Ferreira. É unha vía de comunicación tamén fundamental para a zona interior das parroquias de Foz”.

Javier Castiñeira engadiu que a obra “quedou moito mellor do que podíamos desexar. É unha inversión importante feita nun prazo de tempo moi bo e estamos moi contentos porque cumprimos un compromiso máis cos veciños, que tramitou o Concello, pero a propia asociación de veciños foi a máis interesada e púxose en contacto con nós para que tramitásemos coa Xunta de Galicia esta obra, que a día de hoxe vemos rematada”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz