28 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

18.03.2015

Once veciños de Foz máis benefícianse da axuda no fogar porque a Xunta acaba de concederlle ao Concello outras 400 horas para este servizo, que agora reciben un total de 94 focenses.

Recomendar Imprimir Atrás

3.8/5 [65 Voto/s]

Foz, 18 de marzo de 2015.- Once veciños de Foz máis benefícianse da axuda no fogar porque a Xunta de Galicia acaba de concederlle ao Concello outras 400 horas para este servizo, que reciben agora un total de 94 focenses.

“Dende a Concellería de Asuntos Sociais sentímonos moi satisfeitos polo gran apoio que a Xunta de Galicia está a ter co noso concello. Dende a semana pasada temos conseguido 400 horas máis para o servizo de axuda no fogar, das que a día de hoxe xa se están beneficiando 11 novos dependentes, a maioría dos cales teñen un alto grao de dependencia”, explicou a concelleira Mercedes González Alonso.

A edil de Asuntos Sociais recordou que “cando este grupo de goberno chegou á Alcaldía do Concello de Foz prestábanse 1.306 horas de axuda no fogar, o que significaba unha atención a 25 usuarios. Xa en outubro do 2012 incrementáronse ata chegar ás 2.400 horas ao mes, o que significou poder dar este servizo a 45 usuarios, chegando a 54 a principios deste ano. E co incremento destas 400 horas xa podemos asegurar que 65 dependentes do noso concello teñen este servizo. Ademais o noso Concello ten dúas persoas contratadas, que atenden a 29 usuarios máis”.

Mercedes González tamén destacou que para a axuda no fogar o Concello de Foz “recibe da Deputación tan só 3.000 euros, unha cantidade insignificante fronte á achega da Xunta de Galicia a este concello para este servizo, que son 300.000 euros, o que significa unha achega 100 veces maior. Queremos agradecerlle á Consellería de Traballo e Benestar o gran apoio que estamos a recibir para poder atender a toda esta xente que o necesita no noso concello”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz