15 de Novembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

18.03.2015

O Concello de Foz adxudicou obras para mellorar estradas e camiños municipais nas parroquias de Santa Cilla, San Martiño e Fazouro.

Recomendar Imprimir Atrás

3.4/5 [75 Voto/s]

Foz, 18 de marzo de 2015.- O Concello de Foz adxudicou obras para mellorar estradas e camiños municipais nas parroquias de Santa Cilla, San Martiño e Fazouro, cun investimento total que rolda os 60.000 euros.

O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural, Pedro Fernández Manín, explicou hoxe que “nos presupostos do Concello de Foz para este ano 2015 aparecen unha partida destinada ao arranxo de camiños do medio rural e outra para estradas públicas que dan acceso aos principais núcleos de poboación. O Concello de Foz acaba de adxudicar en preto de 36.000 euros arranxos nas parroquias de Santa Cilla e San Martiño. Estas obras faranse concretamente nos camiños que dan acceso aos barrios de Cardoxe e das Viñas, na estrada de Carín e na que vai de Santa Cilla á Ermida. Foron adxudicadas á empresa Ramsei, do concello de Foz. Por outra banda, na parroquia de Fazouro imos arranxar os accesos dende a estrada Nacional 642 ao barrio de Lousada cun investimento total de 23.000 euros. Estes traballos foron adxudicados á empresa Cuarcor SL, que tamén é da zona. En todos os casos as obras consistirán na limpeza de cunetas e na mellora do firme deses viais”.

“Esperamos que todos os veciños afectados comprendan que nas zonas onde se van facer as obras van ter que soportar algunhas molestias durante os traballos, pero é polo ben de todos”, engadiu Pedro Fernández Manín.  

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz