21 de Novembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

17.03.2015

Foz será escenario a partires do vindeiro mes de abril dun curso de formación de monitor de fútbol base.

O evento foi presentado hoxe no concello.

Recomendar Imprimir Atrás

3.7/5 [69 Voto/s]

Foz, 17 de marzo de 2015.- Esta mañá tivo lugar a presentación do curso de formación de monitor de fútbol base, que terá lugar en Foz desde o vindeiro mes de abril. No acto participaron José Antonio Rodríguez, coordinador do CD Foz; Manuel Mosquera, director da Escuela Gallega de Entrenadores; e Javier Castiñeira, alcalde de Foz.

Rodríguez sinalou que “se trata dun curso de formación de monitor de fútbol base. A partir da temporada 2015/2016 será obrigatoria esta titulación para adestrar ás categorías inferiores do fútbol base. Dado que o CD Foz destaca pola formación da base entendemos que era necesario que se realizase un curso, aquí na nosa localidade. Solicitámolo á Escola Galega de Adestradores e foinos concedido. Queremos agradecerlles que fixeran súa esta necesidade nosa e ao mesmo tempo agradecerlle ao Concello a cesión de instalacións para a realización deste curso, que se desenvolverá na aula de formación no local social, situado no peirao”.

Mosquera indicou que “la normativa de la Federación entra en vigor en septiembre de 2015 y a partir de esa fecha es obligatorio, como mínimo, el monitor de fútbol base en las categorías de base. El monitor te faculta para cadete local, todas las categorías hacia abajo, excepto infantil gallega. Hacemos estos cursos para dar cabida a todos esos clubes que tienen tanta gente en base y monitores que necesitan ser formados para tener como mínimo este diploma federativo”. O director da Escuela Galega de Entrenadores explicou que se elixiu Foz “porque Foz es un sitio ideal y perfecto para esta comarca, porque en Burela tenemos nivel 1, hemos tenido en Viveiro… Poco a poco le vamos dando cabida a todo ese alumnado que no pudo desplazarse a esas otras localidades. En Ribadeo también lo hubo. En la Mariña hay un montón de alumnado y este año lo hemos considerado incluso como sede de nivel 1, por eso está funcionando en Burela”.
 
Pola súa banda o alcalde, Javier Castiñeira, agradeceulle á Escuela Gallega de Entrenadores “ter confiado no noso pobo para facer este curso de monitor de fútbol base e agradecerlle tamén o seu traballo ao CD Foz, que realmente é o promotor deste evento. É un curso importantísimo porque se traballa co fútbol base, trátase da formación de formadores e diso depende o futuro dos nosos rapaces. Quero felicitar ao CD Foz polo excepcional traballo que está a facer coa canteira, co fútbol base, e tamén á Escola de Fútbol de Foz, que estes días celebra un aniversario que é importante e iso significa a consecución dos seus obxectivos que pasan pola formación de rapaces e por tratar de facelo con continuidade. Quero felicitalos por todos os seus éxitos nestes últimos tempos: a clasificación de infantís do CD Foz para fases finais e a consecución doutros títulos por parte da Escola de Fútbol Santiago de Foz. Grazas a todos eles por seguir confiando nos nosos rapaces e por seguir confiando no fútbol base”.

Os interesados en participar no curso de formación de monitor de fútbol base, que se celebrará desde abril en Foz poden conseguir máis información e realizar as súas inscricións en www.futgal.es e escuelagallega@gmail.com

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz