12 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

17.03.2015

O alcalde de Foz aclara ao PSOE que o dragado da dársena do porto está en trámitación, ten consignación orzamentaria e farase este ano.

Javier Castiñeira pregunta que fixeron polo peirao focense os socialistas Val e Cancio cando foron delegados da Consellería de Pesca.

Recomendar Imprimir Atrás

3.9/5 [49 Voto/s]

Foz, 17 de marzo de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, aclara ao PSOE que o dragado da dársena do porto está en tramitación, ten consignación orzamentaria e farase neste ano 2015. Ademais o rexedor municipal pregunta que fixeron polo peirao focense os socialistas José Ramón Val e Jaime Cancio cando foron delegados da Consellería de Pesca.

“Aos membros do goberno municipal de Foz estráñannos as preguntas que o señor Val está facendo no Parlamento de Galicia; non sei se son para xustificar o seu soldo ou son para tratar de aproveitarse dunhas xestións que fixo o alcalde varios meses antes con representantes de Portos de Galicia. Refírome concretamente á dragaxe da dársena do porto de Foz, porque este señor di que vai facer unha pregunta este mércores e a verdade é que nos sorprende bastante, porque a día de hoxe sabemos que está nos orzamentos da Xunta de Galicia, aos que el ten acceso, o financiamento para facer esta obra. Actualmente está practicamente en fase de proxecto, xa se fixeron as batimetrías e estase realizando a caracterización e o proxecto, porque incluso aparte do dragado se contempla tamén aumentar algún amarre máis aproveitando ese dragado. Esta obra vai ser unha realidade este ano. Hai un compromiso orzamentario da Xunta de Galicia e estanse realizando todos os trámites”, explicou Javier Castiñeira.

O alcalde focense engadiu: “non sei a que se dedica este señor no Parlamento porque o acceso á documentación teno fácil. Pero tamén nos estraña que poña en dúbida os investimentos da Xunta de Galicia todos estes anos, porque tanto el como o señor Cancio foron delegados da Consellería de Pesca en Celeiro, dende o ano 2005 ao 2009, e quero preguntarlles que foi o que fixeron os dous polo porto de Foz durante a súa época de delegados. ¿Cantos dragados e cantos investimentos fixeron no porto de Foz? Porque eu creo que ao único que se dedicaron estes señores foi a mandar correos electrónicos con currículos de persoas próximas, fax para multas e outras xestións coa Subdelegación do Goberno e a pasarse por enriba a Lei de Marisqueo de Galicia, como fixo o señor Cancio, o que evidentemente o levou á súa dimisión. ¿Que fixeron eles polo porto de Foz? Porque en catro anos, dende que eu son alcalde, fíxose un dragado de urxencia, un dragado integral da canle de acceso ao porto de Foz, construíuse unha pasarela peonil, hai un compromiso orzamentario de que se vai facer un dragado da dársena interior do porto de Foz, que hai 40 anos que non se draga; fixéronse obras de reparación, reposición e reforzo da escollera do paseo de Laredo, de acceso ao porto. Ou sexa, en catro anos fíxose un investimento próximo a un millón de euros e estes señores non se decatan e fan demagoxia. Eu pregunto que fixeron polo porto de Foz estes dous señores, que agora son socios, durante os 4 anos que estiveron de delegados de Pesca”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz