29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

16.03.2015

Pedro Fernández Manín será o número 2 na lista do Partido Popular de Foz para as vindeiras eleccións municipais.

Recomendar Imprimir Atrás

3.3/5 [187 Voto/s]

Foz, 16 de marzo de 2015.- O presidente do Partido Popular de Foz, Javier Jorge Castiñeira, anunciou hoxe que o actual primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural no Concello focense, Pedro Fernández Manín, será o número 2 na candidatura do PP para as vindeiras eleccións municipais, lista que encabezará o propio Javier Castiñeira.

“Para min é un verdadeiro pracer anunciar hoxe que o número 2 do Partido Popular na candidatura para as próximas eleccións municipais vai ser o actual primeiro tenente de alcalde, Pedro Fernández Manín. É unha persoa totalmente dedicada ao Concello nestes últimos anos. Ten unha capacidade de traballo incrible e unha dedicación total aos veciños, cun carácter espléndido que lle permitiu afrontar as dificultades que houbo neste mandato e tamén lle servirá para poder traballar con ilusión os vindeiros  catro anos, que seguramente van ser cunha situación económica moito mellor”, manifestou esta mañá Castiñeira.

O presidente do PP de Foz engadiu: “non tiven ningunha dúbida á hora de escoller o número 2 da candidatura e futuro primeiro tenente de alcalde na próxima corporación, porque os feitos avalan a Pedro Fernández Manín, que ten unha relación moi boa con todo o persoal do Concello e cos veciños. Xa traballou na corporación cando o Partido Popular estaba na oposición. Por todo isto é a mellor persoa para ser o número 2 da lista e para seguir exercendo de primeiro tenente de alcalde na próxima lexislatura”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz