13 de Novembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

18.02.2015

O Concello de Foz fai unha modificación de crédito por importe de 221.000 euros para poñer en marcha un plan de emprego.

O Concello de Foz contratará a 15 traballadores, concederá axudas a empresas e fará diversas obras grazas á modificación de crédito acordada entre o goberno municipal do PP, o grupo de non adscritos e o BNG.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [74 Voto/s]

Foz, 18 de febreiro de 2015.- O Concello de Foz contratará a 15 traballadores, concederá axudas a empresas para a creación de emprego e fará diversas obras grazas á modificación de crédito, por importe de 221.000 euros, acordada entre o goberno municipal do PP, o grupo de concelleiros non adscritos e o BNG.

O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, anunciou hoxe que mañá, xoves, reunirase a comisión previa ao vindeiro pleno ordinario da corporación municipal “cun asunto verdadeiramente importante, que é unha transferencia de crédito de 221.000 euros, coa que o grupo de goberno trata de atender as peticións que fixo tanto o BNG como o grupo de concelleiros non adscritos, coa portavocía de Ramón Sixto, nas emendas que presentaron aos orzamentos para este ano que propuxo o grupo de goberno. Son os dous grupos que permitiron precisamente que saíran adiante estes orzamentos e que o Concello de Foz a día de hoxe teña uns presupostos adaptados para o ano 2015”.

O rexedor municipal destacou que “entre as transferencias que se van facer as máis importantes son unha de 140.000 euros para un plan de emprego directo, que dará traballo a 15 persoas cun tempo mínimo de contratación de 6 meses, co que se cubrirán varias prazas necesarias para o Concello, entre elas dúas para axuda no fogar durante 9 meses; tamén haberá prazas de xardineiros, de peóns de medio ambiente, dun mecánico e algunha tamén para administración. Realmente obedecen ás necesidades do Concello. Ademais destínanse outros 60.000 euros para axuda á contratación para empresas: un plan interesantísimo no que poderán participar empresas, que recibirán entre 1.000 e 1.500 euros, dependendo do tipo de contrato que sexa, ata un máximo de 60.000 euros que subvencionará o Concello”.

Javier Castiñeira engadiu que “tamén se atenden, cun investimento duns 20.000 euros, unhas obras que solicitaron os grupos da oposición: melloras na canceira, en parques infantís e na sinalización”.

O alcalde explicou que esta modificación de crédito “permítese porque hai un orzamento que foi aprobado no mes de decembro e estas partidas saen principalmente da amortización de préstamos que o Concello de Foz conseguiu deixalos a cero; son 152.200 euros que quedan libres e o resto, ata os 221.000 euros, son do fondo de continxencias, que queda cunha cantidade bastante boa para facer fronte sen problema a algunha continxencia que poida xurdir durante este ano”.

Castiñeira rematou comentando: “estamos contentos e agradecemos a dispoñibilidade do BNG e do grupo de non adscritos, mentres que por outro lado van os de sempre, tanto Unifoz como Xaime Cancio, que se manteñen sempre ao marxe dos asuntos importantes do Concello porque están pensando só en temas electorais, quédanse atrás e intentan dividir ao concello”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz