20 de Abril de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

30.01.2015

O Concello de Foz reitera á Deputación a necesidade de arranxar a rúa Álvaro Cunqueiro, de titularidade provincial.

No pleno de onte o goberno local apoiou unha moción sobre este asunto presentada polos 4 concelleiros non adscritos ex socialistas.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [93 Voto/s]

Foz, 30 de xaneiro de 2015.- O Concello de Foz reitera á Deputación de Lugo a necesidade de arranxar urxentemente a rúa Álvaro Cunqueiro, de titularidade provincial, que se atopa “nun estado lamentable”. Así o manifestou o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, quen explicou que no pleno da corporación municipal celebrado onte o goberno local apoiou unha moción sobre este asunto presentada polos catro concelleiros non adscritos ex socialistas. Ademais o rexedor lembroulle esta situación hoxe ao deputado provincial responsable de Obras, Manuel Martínez, con quen mantivo unha reunión en Lugo, na que tamén falaron da construción do carril bici que unirá as praias de A Rapadoira e Llas.

“No día de onte, no pleno correspondente ao mes de xaneiro, o grupo de goberno do Partido Popular apoiou a moción presentada polos concelleiros non adscritos para solicitar á Deputación o arranxo inmediato da rúa Álvaro Cunqueiro, unha das principais do concello de Foz, unha das varias rúas urbanas que son propiedade da Deputación de Lugo e que se atopa nun estado lamentable. Nese sentido o grupo de goberno presentou no propio pleno un escrito co que xa no mes de maio, cun informe policial, se instaba á Deputación de Lugo a que arranxara esa vía, que é importante, comercial e unha das que máis circulación ten no concello. O estado é lamentable e as reclamacións dos veciños son moitas”, manifestou Javier Castiñeira.

O rexedor engadiu que “hoxe precisamente tivemos a posibilidade de ir a Lugo falar co deputado provincial responsable de Obras por outros motivos, concretamente con respecto ao carril bici que o Concello de Foz está tramitando na Dirección General de Costas e que necesita o permiso da Deputación porque a vía afectada tamén é do organismo provincial. E aproveitamos para recordarlle ao deputado a situación da rúa Álvaro Cunqueiro, que é propiedade da Deputación e espero que tomen medidas”.

Con respecto á construción do carril bici, Castiñeira comentou que “está moi avanzada a tramitación do expediente e incluso o financiamento da obra, que vai ser por parte da Dirección General de Costas. E á Deputación soamente lle solicitamos que tramite canto antes o permiso e a autorización para que o antes posible se comece a obrar e o carril bici poida estar feito, sobre todo para a época verán, que é cando máis se necesita”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz