19 de Setembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

28.01.2015

O Concello de Foz arranxará estradas en varias parroquias cunha subvención da Xunta de Galicia e con cargo ao orzamento municipal deste ano.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [68 Voto/s]

Foz, 28 de xaneiro de 2015.- O Concello de Foz arranxará estradas en varias parroquias cunha subvención da Xunta de Galicia e con cargo ao orzamento municipal deste ano, que foi aprobado no pasado mes de decembro.

O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural, Pedro Fernández Manín, anunciou hoxe que “o Concello de Foz vai investir preto de 74.000 euros en infraestruturas de camiños rurais cunha subvención da Xunta de Galicia, a través do Agader. As obras que se van levar a cabo son: na parroquia de Santa Cilla, dende Villacizal ao alto da Frouxeira; na estrada que vai dende Santa Cilla a Trasmonte, que é aproximadamente un quilómetro e 200 metros, despois da estrada LU 2008, que corresponde á Deputación. Na parroquia de Nois vamos limpar as cunetas dende a LU 2007, dende a nave de Bouso, ata a estrada que sube a Cabanas. En Cangas faranse obras dende a estrada a Ferreira ata Vilasinde, limpando as cunetas. Na parroquia de Cordido, a estrada que ven dende a estrada Ferreira-Cangas ata a casa rural. E en Nois, dende a igrexa ata a casa do Ferreiro, vía que hai que facela practicamente de novo, posto que era un pista que só valía para transitar de pé”.

Pedro Fernández Manín explicou que “son unhas obras moi solicitadas e que xa tiñamos pensado facelas hai tempo, de feito o proxecto xa está redactado dende novembro. Aclaro isto porque hai alguén que debeu de oír que se ían arranxar e agora pide que se fagan algunha destas obras”.

O concelleiro focense de Medio Rural engadiu que “tamén se van facer outras, neste caso con cargo ao orzamento municipal, que foi a aprobado cos votos en contra de Unifoz e de Xaime Cancio, pero agora pide que se fagan. Vanse levar a cabo en estradas e camiños de Vilaronte,  San Martiño, Santa Cilla, Cangas e Marzán. Todas estas obras vanse executar con cargo ao presuposto municipal para este ano, que é o segundo que aprobamos dende que estamos no goberno, a pesar dos votos en contra de parte da oposición”.

Fernández Manín rematou comentando que “dende o Concello de Foz seguiremos traballando ata o final da lexislatura para todos os veciños”.
 
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz