16 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

27.01.2015

A comisión de seguimento do PXOM de Foz reunirase mañá, mércores, para analizar o documento que irá a aprobación provisional nun pleno da corporación municipal.

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [75 Voto/s]




Foz, 27 de xaneiro de 2015.- A comisión de seguimento do plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Foz reunirase mañá, mércores, para analizar o documento que irá a aprobación provisional nun pleno da corporación municipal, previsiblemente no mes de febreiro.

O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, anunciou hoxe que “para mañá, mércores, está convocada a comisión de seguimento do plan xeral de ordenación urbana do concello de Foz, formada por representantes políticos e dos grupos de traballo cidadáns, que foi constituída no inicio deste plan. Nesa reunión vaise presentar xa o documento definitivo que irá á aprobación provisional, que se conta que sexa xa no mes de febreiro, previa valoración por parte desta comisión”.

O rexedor municipal destacou que “para o concello é fundamental que siga adiante a aprobación provisional e a resolución das alegacións, cos informes preceptivos do propio equipo redactor. Para chegar a esta aprobación provisional fíxose un traballo intenso durante case un ano, con máis de 30 administracións que informaron o plan inicial que se reenviou e que estivo a exposición ao público, coas diferentes modificacións que propuxeron todas estas organizacións, todos os informes sectoriais que se recibiron durante todo este tempo e as diferentes reunións que se tiveron con estes organismos, incluída a Dirección Xeral de Urbanismo, pois estivemos varias veces coa secretaria xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas”.

Javier Castiñeira engadiu que “para os concellos é importantísimo ter este documento. Estamos vendo que na Mariña hai varios concellos que aprobaron definitivamente o plan xeral de ordenación, como son os de Xove, Burela e Ribadeo. E Foz non pode deixar de aprobalo, porque é un documento dos máis importantes da lexislatura e do que todos se senten orgullosos por aprobalo, xa que aporta seguridade xurídica sobre a normativa urbanística aos cidadáns. É un documento que é importante para que o noso concello sexa moderno e un lugar onde se poidan facer investimentos con seguridade xurídica”.

O alcalde tamén comentou que “durante estes próximos días trataranse de resolver todas as alegacións que estean ben informadas polo equipo redactor. E a partir de agora queda un importante traballo político na corporación, que, en definitiva, é quen debe aprobalo. Polo tanto pido seriedade por parte de todos os grupos. Este documento, tal e como se prometeu, vaise presentar nesta lexislatura, sen ningún obstáculo por parte do grupo de goberno nin temor electoral, nin moito menos. Creo que é un documento que hai que sacar para adiante; e ante as coincidencias con campañas electorais cada un debe facer o que considere, pero, por suposto, o grupo de goberno actúa con responsabilidade ante todo e, dende logo, este traballo vai ter o noso apoio, o dos cinco concelleiros do Partido Popular”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz