28 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

22.01.2015

Ciclo de teatro infantil no Concello de Foz

O Concello de Foz pon en marcha este sábado un ciclo de teatro infantil coa representación da obra O príncipe e o parrulo, da compañía Eme2 emoción&arte.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [104 Voto/s]

Foz,  22 de xaneiro de 2015.-  O Concello de Foz acaba de presentar un ciclo de teatro infantil para o primeiro semestre deste ano 2015. Comezará este sábado, 24 de xaneiro, coa escenificación da obra O príncipe e o parrulo da compañía Eme2 emoción&arte. A ela sucederanlle as representacións das obras Rumpelstikin / O anano saltarín, o 7 de marzo; O último dragón, o 11 de abril; e A nena e o grilo, o 9 de maio. Tódalas funcións terán lugar na Sala Bahía a partir das 18:00 horas e as entradas custarán 2,50 euros para adultos e 1,50 euros para menores de 12 anos. 

O concelleiro de Cultura de Foz, Ánxel Paleo Soto, explicou que “a programación dará comezo este próximo sábado, día 24, coa obra O príncipe e o parrulo, da compañía Eme2 emoción&arte, que conta a historia de dúas personaxes que descobren o divertido que é compartir cousas coma xogar, falar e decatarse do que é ter un amigo. O sábado 7 de marzo, a compañía Trompicallo tráenos a obra Rumpelstikin / O anano saltarín, que nos conta a pobreza que sufre un pobo despois dun ano malo de colleitas e de pagar os impostos ao seu rei. Xa o sábado 11 de abril, Sarabela Teatro achéganos a comedia O último dragón, que narra a historia do último dragón cunha princesa e un neno onde os tres dan forma a unha historia de amizade. Para rematar o semestre, o sábado 9 de maio teremos unha representación musical titulada A nena e o Grilo no país das apertas, unha obra que trata de achegar aos rapaces contos a través de cancións ao fío da amizade dunha nena e un grilo”. 


Ánxel Paleo aclarou que “todas estas obras representaranse na Sala Bahía a partir das 18:00 horas da tarde e estarán dedicadas ao público infantil. Con elas tratamos de achegar aos rapaces sobre todo o que é a amizade e o esforzo na nosa vida. A entrada terá un pequeno custe de 2,50 euros para o público en xeral e de 1,50 euros para os menores de 12 anos. Dende o Concello esperamos que os veciños gocen destas obras”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz