17 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

22.01.2015

O Concello de Foz saldou esta semana a débeda cos bancos

Este feito vai a permitir destinar 165.000 euros para poñer en marcha actuacións municipais que se decidirán nun próximo pleno.

Recomendar Imprimir Atrás

3.3/5 [121 Voto/s]


Foz, 22 de xaneiro de 2015.- O Concello de Foz saldou esta semana a débeda cos bancos, o que permite dedicar 165.000 euros para poñer en marcha actuacións municipais que se decidirán nun próximo pleno da corporación.


O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, anunciou hoxe “unha boa nova, pois esta semana quedaron resoltas as débedas bancarias cos bancos acredores do Concello de Foz, que saldou esa débeda que tiña pendente. Polo tanto o Concello de Foz queda a cero na débeda bancaria. É un caso insólito nun concello como o de Foz, que iniciou este mandato con problemas económicos. Dende logo isto é proba da boa xestión que fixo este goberno durante estes catro anos, que ademais pagou aos provedores todas as débedas que había, incluso do 2010, un ano anterior á entrada deste goberno; ten saldada esa débeda cos provedores, de máis de 1.500.000 euros, que quedaran porque a corporación non se quixo acoller ao pago a provedores e tívose que facer o esforzo nun ano. E agora o Concello ven de pagar tamén a débeda bancaria, o que mostra o estado das contas de Foz e o cambio importante que experimentaron nos últimos catro anos”.


O rexedor municipal engadiu: “congratulámonos de tomar esta decisión e tamén porque esta cantidade que se destinaba ao pago de créditos bancarios nos orzamentos, que son arredor de 165.000 euros, vaise poder dedicar a outras cousas moi importantes para o concello e que están pendentes de debater cos grupos que no seu momento permitiron que os orzamentos saíran adiante: os concelleiros non adscritos e o BNG. Polo tanto nun próximo pleno adoptarase a decisión de a que se van dedicar eses 165.000 euros. Este é o resultado da boa xestión económica deste grupo de goberno”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz