17 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

21.01.2015

Alumnos e profesores dos colexios focenses Nosa Señora do Pilar e Martínez Otero exploraron a ría de Foz acompañados por biólogos da Xunta de Galicia.

Esta actividade abriu o programa da XII Festa do Fhícaro.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [46 Voto/s]

Foz, 21 de xaneiro de 2015.- Alumnos de Secundaria e profesores dos colexios focenses Nosa Señora do Pilar e Martínez Otero exploraron a ría de Foz acompañados por biólogos da Xunta de Galicia esta mañá. Esta actividade, á que asistiu o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Mar, Pedro Fernández Manín, abriu o programa da décimo segunda edición da Festa do Chícaro (berberecho) de Foz.
Os organizadores do evento destacaron o esforzo realizado polos rapaces que participaron hoxe na actividade que se desenvolveu na ría de Foz a pesar do mal tempo e aínda que se atopan en época de exames. Tamén agradeceron a colaboración da Consellería do Medio Rural e do Mar grazas as xestións realizadas polo xefe de Coordinación da Área de Mar na delegación territorial dese departamento da Xunta de Galicia, o focense Pablo Fernández Asensio.  
O programa da XII Festa do Chícaro continuará co pregón, que terá lugar este venres, día 23, e correrá a cargo do xefe do departamento de Cociña da Escola de Hostalaría do IES de Foz, Jesús Liste Otero, acto no que actuará o grupo Mar Aberto. Será a partir das 20 horas na Casa da Cultura focense.
O sábado 24 será o día grande do evento, coa degustación na carpa instalada no peirao de Foz, onde se servirán berberechos en catro preparacións diferentes: en empanada, á mariñeira, ao vapor e con fabas de Lourenzá. A xornada estará amenizada polos grupos musicais A Subela e O Feitizo e coas actuacións dos grupos participantes no terceiro Certame de Cantos de Taberna, que se desenvolverá a partir das 20 horas polos establecementos hostaleiros participantes, e dunha charanga, a partir das dez da noite.
A XII Festa do Chícaro en Foz rematará o domingo, día 25, coa degustación de diferentes variedades de pratos preparados con berberechos nos establecementos hostaleiros da vila, coa animación a cargo de grupos folclóricos. 
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz