23 de Xullo de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

09.01.2015

Visita a escola obradoiro Pardo de Cela

O alcalde focense visitou hoxe os traballos de limpeza que están levando a cabo os alumnos da escola obradoiro Pardo de Cela nas beiras do río Ouro ao seu paso polo municipio.

Recomendar Imprimir Atrás

3.2/5 [64 Voto/s]

Foz, 9 de xaneiro de 2015.- Os alumnos do módulo de silvicultura da escola obradoiro Pardo de Cela realizan estes días traballos de limpeza nas beiras do río Ouro ao seu paso polo municipio de Foz. Precisamente ata esta zona achegouse hoxe o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, para coñecer como avanzan os traballos. O responsable municipal agradeceu  persoalmente aos alumnos a labor levada a  cabo neste obradoiro formativo organizado de forma conxunta polos concellos de Foz, Mondoñedo, O Valadouro e Alfoz e destacou a boa coordinación que se está a dar entre tódolos responsables da iniciativa.

Javier  Castiñeira explicou que “hoxe, aproveitando o bo tempo, decidimos facer unha visita aos alumnos do obradoiro Pardo de Cela, que comparten os concellos de Foz, Mondoñedo, O Valadouro e Alfoz, concretamente ao módulo que está actuando en Foz que é o de silvicultura, formado por 10 persoas: cinco veciños de Foz e cinco de Mondoñedo. O que lles toca no proxecto é limpar as beiras do río Ouro, que realmente necesitaban unha limpeza e a verdade é que é moi meritorio o traballo que están facendo nunha situación bastante complicada, con moita maleza. Os traballos están quedando moi ben e estamos realmente moi contentos. Sobre todo nesta escola obradoiro que compartimos catro concellos o importante é a boa coordinación entre os responsables dos obradoiros e os dos concellos; e a verdade é que está habendo unha moi boa coordinación”.

O alcalde engadiu que “o módulo que afecta a Foz e Mondoñedo comezou a traballar  nos últimos meses do ano 2014 en Mondoñedo, actuando sobre varias áreas recreativas, e neste momento está a facelo nas marxes do río Ouro.  O outro módulo, que é o de O Valadouro e Alfoz, tamén leva un sistema parecido. Por todo isto estamos contentos do funcionamento e da boa colaboración entre os concellos e a propia escola obradoiro. E proba disto é que os cinco alumnos de Foz participaron tamén, de forma completamente voluntaria, nos preparativos da cabalgata de Reis na vila. Estamos contentos e o Concello está sempre tratando de colaborar ao máximo, prestando todo tipo de medios, vehículos, instalacións e demais. Polo tanto queremos dar os nosos parabéns a tódolos alumnos polo traballo que levan elaborado nestes meses. A seguir así, mentres esperamos que se rematen todos estes traballos.”  

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz