22 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

15.12.2014

A proposta de orzamento do Concello de Foz para 2015 está a disposición de todos os grupos municipais dende hoxe.

Ascende a 6,8 millóns de euros e tratarase no pleno da corporación o vindeiro luns.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [81 Voto/s]

Foz, 15 de decembro de 2014.- A proposta de orzamento do Concello de Foz para o vindeiro ano 2015 está a disposición de todos os grupos municipais dende hoxe. Ascende a 6,8 millóns de euros e tratarse no pleno da corporación que se celebrará o próximo luns, día 22.

O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, explicou que “o grupo de goberno do Concello de Foz pon a disposición dos grupos municipais a proposta de orzamento para o ano 2015, tal e como prometera. Cabe destacar que o Concello de Foz está funcionando cuns orzamentos prorrogados do ano 2012, ao non aprobarse os do 2013 nin os do 2014, o que ocasiona uns desaxustes importantes posto que as previsións que había para o ano 2012 son completamente distintas que para o 2014 e o 2015. Polo tanto á hora de axustar e liquidar os exercicios hai verdadeiras dificultades. Neste caso contémplanse subvencións que neste período de tempo, dende 2012 a 2015, son xa fixas; figuran tamén novos gastos, que son fixos e que non se contemplaban no seu momento. Iso fai que os orzamentos pasen de 5,9 millóns de euros a 6,8 millóns de euros”.

O rexedor municipal especificou que na proposta de orzamento para 2015 “contémplase a totalidade do imposto de depuración e das horas de dependencia financiadas pola Xunta de Galicia; a totalidade do custo de Sogama, que subiu no ano pasado; e ademais contempla as peticións que fai o persoal para cumprir con esa promesa da suba da parte proporcional que se pedía e a adaptación da RPT que se propuxo no ano 2009. Dota tamén unha partida para pagar a parte proporcional da paga extra de 2012, acatando a sentencia favorable aos traballadores. O SAF de dependencia sube a 450.000 euros e dótase tamén con 10.000 euros o capítulo de axudas de emerxencia. Ademais, no capítulo de subvencións e compromisos coas asociacións e clubs mantéñense os de outros anos e aparte dotamos con 25.000 euros unha subvención para o asilo de anciáns e 7.000 euros para a asociación de discapacitados de Foz, que non viña contando con esta axuda. Tamén figura outras asociacións de nova creación ou que non tiñan subvención, como a Protectora de Animais, para a que se dotan 1.000 euros. Esta mesma cantidade contémplase para Preescolar na Casa, que é un servizo importante que se está a dar e que non estaba nos anteriores orzamentos. No que respecta a clubs deportivos, tamén se vai dotar con 1.000 euros ao Club de Tenis, que era un dos que no tiña subvención ata agora; e á Escola de Vela, que é de nova creación, con outros mil euros. Tamén o único grupo folclórico que estaba sen axuda económica do Concello, Andaravío, disporá de 800 euros para equilibralo cos demais grupos”.

Javier Castiñeira engadiu que “tamén figuran 15.000 euros para o servizo de guía turístico en San Martiño, que se empezou a dar este ano e que non estaba dentro dos orzamentos. Dáse tamén un apoio moi importante ao comercio, a través do Centro Comercial Aberto, de nova creación. É un compromiso que había coa ACIA de dotar con 15.000 euros para gastos de persoal que vai ocasionar o CCA. Dótanse 10.000 euros para  contratación da elaboración do inventario de camiños públicos, unha petición que fixeron os grupos municipais durante este ano polos problemas que causa non ter un inventario deste tipo”.

Ademais o alcalde destacou que “no capítulo de inversións reais, nos orzamentos prorrogados non podían dispoñer delas, hai varias obras importantes que necesitan de inversións: dótanse 20.000 euros para a construción de gradas no Campo da Cabana, que quedaron pendentes na obra que se fixo este ano; 40.000 euros para reformas no campo de fútbol de Malates, que certamente piden todos os usuarios e clubs que utilizan esa instalación, que non está nas mellores condicións; e 10.000 euros para arranxos na piscina municipal, instalación sobre a que se está negociando coa anterior construtora para o arranxo de todos eses fallos que ten a piscina, estase coa xunta de portavoces traballando nese sentido e polo menos hai que poñer unha bolsa de crédito de 10.000 euros para eses posibles arranxos. Para obras veciñais hai arredor de 150.000 euros e para mantemento de vías públicas 170.000 euros. Ademais inclúense os diferentes plans de outras administracións, como son o plan de obras da Deputación ou os plans de arranxo de camiños da Xunta de Galicia”.

Castiñeira tamén explicou que “na partida de créditos bancarios, aínda que tomamos a decisión de amortizar todos os créditos bancarios neste ano, ao non entrar aínda en vigor porque está en período de publicación, a partida vai ir exactamente igual, pero é certo que a primeiros de ano o Concello de Foz vai quedar a cero cos bancos, o que é un dato importante. Non obstante eses 165.000 euros van formar un remanente que despois o pleno dirá para que se van usar. Por outro lado dótase un fondo de continxencias e emerxencias con 162.000 euros para todas aquelas obras que sexan de emerxencia ou urxencia, que normalmente nun concello como o de Foz solemos ter durante todo o ano”.

Para o rexedor municipal, “é un orzamento que cumpre perfectamente cos informes de estabilidade feitos polo interventor, cumpre coa regra de gasto, o endebedamento é mínimo pois vaise quedar en cero a primeiros de xaneiro. Son uns orzamentos realistas e que se adaptan perfectamente ás necesidades do Concello de Foz. Polo tanto vamos pedir a súa aprobación nesta comisión que vamos a ter mañá, martes; na mesma xornada vaise tratar tamén nunha reunión da mesa de negociación cos sindicatos ás 12 da mañá; e levarase ao pleno da corporación que se vai celebrar o próximo luns, día 22, sesión que se adianta porque o xoves da vindeira semana é o día de Nadal e tamén porque con este cambio de data aproximámonos aos prazos para que entre en vigor o antes posible. Polo tanto vai estar enriba da mesa durante esta semana e espero que os portavoces e os grupos apliquen a sensatez e o Concello de Foz empece o ano cuns orzamentos actualizados, como se merece, e non cuns prorrogados do 2012, como estamos agora”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz