18 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

04.12.2014

A Xunta de Galicia e o Ministerio de Medio Ambiente realizan obras para mellorar paseos marítimos e rutas do concello de Foz.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [94 Voto/s]

Foz, 4 de decembro de 2014.- A Xunta de Galicia e o Ministerio de Medio Ambiente realizan obras para mellorar paseos marítimos e rutas do concello de Foz. Deuno a coñecer hoxe o alcalde, Javier Jorge Castiñeira.

“O goberno municipal de Foz celebra as inversións que se están a realizar nos paseos marítimos e rutas do concello de Foz, actuacións que están financiadas polo Ministerio de Medio Ambiente e pola Xunta de Galicia. Concretamente acábase de entregar a parte do paseo A Rapadoira-Llas que fixo o Ministerio en Porto do Río, que era o único tramo que quedaba se pavimentar. Está executando, tamén este mesmo ministerio, o paseo de San Rosendo, concretamente as obras están na ribeira do río Centiño, en San Martiño. Esta ruta unirá San Martiño, Lourenzá e Mondoñedo por unha zona preciosa no interior da nosa comarca”, explicou o rexedor municipal.

Javier Castiñeira engadiu que “tamén se están a realizar traballos de limpeza no paseo do río Ouro por parte da escola obradoiro que a Xunta de Galicia ten nos concellos de Foz, Alfoz, O Valadouro e Mondoñedo; empezaron este mes nas ribeiras do río Ouro en San Acisclo e rematarán en Fazouro, no comezo deste paseo. Por parte da Xunta tamén empezaron as obras no Paseo de Laredo, de Foz, para a rehabilitación do espigón e do pavimento dun dos paseos máis visitados do noso concello, nas proximidades da praia da Rapadoira”.

Ademais o alcalde destacou que “son obxectivos prioritarios para o goberno de Foz con estes dous mesmos organismos, o Ministerio de Medio Ambiente e a Xunta de Galicia, avanzar na obra do carril bici, sobre a que esperamos que haxa boas novas en próximas datas; e tamén na segunda fase das beirarrúas de Cangas, para o que está rematado xa o proxecto definitivo e esperamos que saia a licitación a principios de ano”.

O rexedor salientou “o afán inversor que teñen tanto o Estado como a Xunta de Galicia, que están apostando por Foz neste sentido. E, polo contrario, a Deputación de Lugo segue obviando ao noso concello e non é capaz nin de facer os mantementos viarios nas súas estradas, que se atopan un estado lamentable. Espero que os veciños de Foz saiban recoñecer méritos e deméritos duns e doutros”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz