18 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

28.11.2014

Os concelleiros de Foz "non adscritos" xa solo pensan en clave electoral, abandoando as suas funcións na corporación.

O alcalde de Foz critica aos 5 concelleiros non adscritos porque “abandonan xa” as súas funcións nesta corporación, cando aínda faltan seis meses para as eleccións municipais.

Votaron en contra de delegar a recadación de impostos na Deputación argumentando que debe deixarse para o vindeiro mandato.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [143 Voto/s]

Foz, 28 de novembro de 2014.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, criticou hoxe aos 5 concelleiros non adscritos, que son os 4 ex edís socialistas e Jaime Cancio, porque “abandonan xa” as súas funcións na actual corporación, cando aínda faltan seis meses para as eleccións municipais. O rexedor explicou que, no pleno celebrado onte, estes concelleiros votaron en contra de delegar a recadación de impostos na Deputación Provincial de Lugo argumentando que debe deixarse para o vindeiro mandato.

“En relación ao pleno de onte, o grupo de goberno do Concello de Foz síntese bastante apesarado porque o punto máis importante da orde do día, que era a delegación dos servizos de recadación na Deputación para melloralo, xa que a día de hoxe é moi mellorable, a actitude dos grupos municipais da oposición, sobre todo a dos concelleiros non adscritos (os ex do PSOE e o próximo candidato socialista, o señor Xaime Cancio) é bastante penosa e lamentable. Estes 5 concelleiros, uns e o outro, que din que non teñen ningún tipo de directriz partidaria, neste asunto o único que sostiveron foi que é un tema que debe tratar a seguinte corporación. A seis meses das eleccións están pensando xa única e exclusivamente en clave electoral”, manifestou Javier Castiñeira.

O alcalde focense considera que “se cando aínda faltan seis meses non queren facer fronte aos problemas que quedan por resolver creo que non son dignos de estar nesta corporación, polo que deberían deixar os seus escanos. Se a partir de agora todo debe resolvelo a nova corporación entendo que non van presentar ningunha moción nestes próximos plenos”.

Con respecto a actitude de Unifoz, Castiñeira comentou que “é claramente un partido dirixido aínda por Xaime Cancio, sen portavocía e sen ningunha opinión, porque ao único que se limitan é a dicir o que lles manda Xaime Cancio. Esta é a situación da oposición en Foz, o único criterio máis ou menos estable é o do concelleiro do BNG, que mantén a súa dinámica durante estes catro anos; e o resto, os cinco concelleiros non adscritos máis os dous de Unifoz, están pensando en clave electoral e no futuro, pero non o presente desta corporación, á que aínda lle quedan moitas cousas por decidir. Espero que a xente saiba valorar o que está facendo este goberno municipal, levando mocións importantes e tratando de mellorar a economía local mentres os demais levan todo o mandato bloqueando os temas importantes e deixándoos enriba da mesa, como pasou onte”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz