13 de Novembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

27.11.2014

O Concello de Foz mellora estradas municipais e marquesiñas do transporte escolar en varias parroquias.

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [83 Voto/s]

Foz, 27 de novembro de 2014.- O Concello de Foz está levando a cabo obras de mellora en estradas municipais e tamén nas marquesiñas do transporte escolar en varias parroquias.

O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural, Pedro Fernández Manín, explicou hoxe que “unha vez acabadas as obras do POS no camiño de Mansín, que une os barrios de Marzán e Vilaxoane, continuouse coas actuacións do Plan de Obras e Servizos 2014 na parroquia de Cangas, concretamente na subida a Ribela, e dende Nois á zona de Lousada, na parroquia de Fazouro. Son obras que xa levaban tempo programadas para facelas, pero era imposible levalas a cabo antes porque as empresas de madeira seguían traballando nestas estradas; ese foi o motivo de esperar ata agora. Concretamente onte revisamos os accesos a Ribela e a Nois, que quedan perfectamente: ademais de facer bacheo e dous regos, limpáronse as cunetas e desatascáronse todas as canalizacións destas estradas”.

Fernández Manín engadiu que estas obras “supoñen un gran desembolso para o Concello de Foz porque si ben o 50 por cento do POS achégao ao Deputación, que son 24.000 euros nas dúas obras, pero o Concello aporta máis do dobre, porque ademais dos proxectos houbo que facer máis obras nestas zonas”.

O concelleiro de Medio Rural en Foz comentou tamén que “por parte do Concello, con empregados municipais, estanse limpando cunetas, como se fixo na parroquia de Nois, concretamente dende o Alto de Trasmonte ata o apeadeiro, que levaban moito tempo sen limpar e os veciños estaban reclamándoo”.

Pedro Fernández deu a coñecer ademais que o Concello focense está facendo unha reestruturación das marquesiñas do transporte escolar, “facendo unha nova para a zona de Vilachá, onde hai unha gran cantidade de nenos, concretamente 22, que van ao colexio de Nois, polo que se necesitaba unha caseta máis grande. E a que había alí foi instalada na subida a Ribela e colocouse unha nova en Nois, que nos tiñan solicitado os veciños desa parroquia. Seguiremos arranxando as marquesiñas que temos e intentaremos facer algunha máis para os nenos, pois en diferentes puntos das parroquias cambian as necesidades neste sentido, porque antes non había e agora si hai nenos que van ao colexio”.

O primeiro tenente de alcalde rematou manifestando que “o Concello de Foz seguirá traballando sempre de acordo co que nos solicitan todos os veciños. Sabemos que hai outras estradas que están mal, pero a principio de ano continuaremos arranxando nelas, como faremos por exemplo en Santa Cilla, en Nois, en Cangas, …; en moitos sitios das distintas parroquias do concello”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz