24 de Xuño de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

26.11.2014

A corporación municipal de Foz abordará no pleno de mañá a delegación na Deputación Provincial da recadación dos impostos sobre bens inmobles, actividades económicas e vehículos.

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [111 Voto/s]

Foz, 26 de novembro de 2014.- A corporación municipal de Foz abordará no pleno ordinario que se celebrará mañá, xoves, ás 20:30 horas a delegación na Deputación Provincial de Lugo da recadación dos impostos sobre bens inmobles, actividades económicas e vehículos.

O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, explicou hoxe que “no pleno ordinario de mañá un dos asuntos máis importantes a debater é a delegación do servizo de Recadación á Deputación, un asunto que xa se tratou hai varios meses, pero que o grupo de goberno leva unha vez máis porque cremos que é importante mellorar o servizo de Recadación de Foz. E a única forma de facelo actualmente é precisamente tendo este servizo, como a maior parte dos concellos, delegado na Deputación, que ten moitos máis medios, persoal e equipos, para poder facer a recadación de forma correcta, sobre todo na vía executiva, na que o Concello de Foz deixa moito que desexar”.

O rexedor municipal destaca que “isto é positivo para o Concello porque así recibirá unha liquidez todos os meses e non estará supeditado a picos de recadación a finais de ano e no segundo semestre, quedando o primeiro trimestre con pouca liquidez, o que ocasiona retrasos nos pagos aos provedores e non poder cumprir a lei con respecto a este asunto. E ademais mellora a recadación, posto que os servizos que ten a Deputación son moito mellores, o que é importante para todos aqueles veciños que cumpren coa súa obriga de pagar os impostos, mentres que aqueles que non cumpren ou son un pouco máis preguiceiros xa o van ter difícil nese sentido”.

Por estes motivos Javier Castiñeira espera que a corporación municipal decida delegar este servizo na Deputación, pois “é positivo e así poderemos rematar este mandato e empezar o novo cunha corporación que teña as contas ben saneadas, cunha liquidez que lle permita abonar os pagos aos provedores no prazo que corresponde, con 0 euros de débito aos bancos e coa débeda de pago a provedores tamén ao día. Isto é o queremos facer e esta é a responsabilidade que lle pedimos ao pleno”.
 


Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz