09 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

21.11.2014

O goberno local de Foz logrou deixar a cero a débeda bancaria do Concello e os provedores poderán cobrar as facturas pendentes.

Destacouno hoxe o alcalde, quen tamén salientou que o pleno aprobou as subvencións para o asilo e a asociación de discapacitados e tamén a rebaixa no IBI.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [192 Voto/s]

Foz, 21 de novembro de 2014.- O goberno local de Foz logrou deixar a cero a débeda bancaria do Concello e ademais os provedores poderán cobrar as facturas que teñen pendentes. Destacouno hoxe o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, quen tamén salientou que o pleno da corporación municipal aprobou as subvencións para o asilo e a asociación de discapacitados local e tamén a rebaixa no Imposto de Bens Inmobles (IBI).

“Dende o goberno do Concello de Foz estamos moi contentos co resultado do pleno extraordinario urxente de onte, do que se van sacar conclusións moi importantes para a economía do noso concello. Principalmente o Concello de Foz asume o pago da débeda bancaria que quedaba, cerca de 260.000 euros, e vaina pagar agora, no ano 2014, co cal o Concello de Foz quedará a cero de débeda cos bancos, algo que é moi importante sobre todo para iniciar unha nova lexislatura sen ningún tipo de atadura económica nese sentido”, explicou o rexedor municipal.

Javier Castiñeira engadiu que “con respecto aos provedores tamén hai unha moi boa nova, porque os que durante este ano se estaban vendo afectados porque o pleno da corporación non aprobaba as súas facturas do recoñecemento extraxudicial neste último intento agora conseguimos que, coa abstención de todos os grupos da oposición menos o concelleiro independente Xaime Cancio, que novamente votou en contra do pago desas facturas, logramos que estes provedores poidan cobrar neste ano por todos eses traballos que realizaron con todas as da lei. Polo tanto tamén é unha moi boa nova porque con todo isto os provedores van poder cobrar”.

O alcalde tamén resaltou que no pleno de onte “aprobouse unha subvención importante para o asilo, de 25.000 euros, que cos 12.000 que vai aportar a Xunta e outros tantos a Deputación fan 50.000 euros, que corrixen este exercicio e permiten que o asilo de Foz siga funcionando. E levouse tamén unha subvención importante para a asociación de discapacitados Virxe do Carme, de Foz, de 7.000 euros, que tamén se aprobou e é importante para o funcionamento deste colectivo”.

Castiñeira destacou que “todo isto fíxose con cargo ao remanente e grazas á xestión do goberno local do Partido Popular, que dende o inicio deste mandato empezou a xerar remanente en positivo, pasou practicamente de remanente negativo a ter 1.300.000 euros en tesourería e polo tanto iso permite facer fronte aos créditos bancarios, aos pagos aos a provedores e incluso dar unhas subvencións importantes a asociacións de Foz. Polo tanto estamos moi contentos e quero agradecer a todos aqueles compañeiros da corporación que o fixeron posible; e a aqueles que se seguen negando ante a evidencia dicirlles que se están encerrando en si mesmos e que esa actitude non é o que necesita o pobo”.

Ademais, no pleno de onte, que “foi importante para a economía local, decidiuse que para o ano que ven haxa unha rebaixa no IBI. Actualmente estábase aplicando o coeficiente do 0,66 para o pago da contribución e vai pasar ao 0,60. É unha rebaixa que compensa as subidas dos valores catastrais e a suba establecida por lei polo Ministerio de Hacienda. Polo tanto tamén é unha boa nova para os veciños de Foz, que con todo o seu esforzo están conseguindo que a economía local a finais deste ano sexa envexada, libre de cargas cos bancos, saneada; e, dende logo, iso débese ao esforzo de todos os focenses”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz