12 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

07.11.2014

Charlas médicas anuais na Casa da Cultura de Foz

A Casa da Cultura de Foz acollerá este mes de novembro as charlas médicas anuais, impartidas por profesionais do Hospital da Costa.

O xoves 13 levarase a cabo a primeira, sobre presente e futuro do Hospital da Costa, a cargo do xerente da área sanitaria.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [147 Voto/s]

Foz, 7 de novembro de 2014.- Foz acolle un ano máis as súas charlas médicas organizadas polo Concello e impartidas por profesionais médicos do Hospital da Costa, de Burela. As conferencias comezarán a vindeira semana e levaranse a cabo tódolos xoves ata finais de novembro ás 8 da tarde na Casa da Cultura de Foz. O día 13 Francisco Soriano, xerente executivo da área sanitaria, será o encargado de impartir a charla sobre o presente e o futuro do Hospital da Costa. O xoves 20 será a quenda da doctora especialista en Medicina Interna Clara Fernández  Peña, quen falará sobre as enfermidades asociadas á idade. E xa o xoves 27 levarase a cabo a última conferencia, sobre deterioro cognitivo e envellecemento, á cargo do médico especialista en Neuroloxía Luis López Díaz.

O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, anunciou que  “vimos de presentar hoxe a mediodía, un ano máis, as charlas médicas que se realizan no concello de Foz no mes de novembro, concretamente tódolos xoves a partir das 8 da tarde. Agradecer, por suposto, a presenza nesta presentación de Paco Soriano, xerente do Hospital da Costa, de Burela, quen quixo avanzar con nós as tres charlas que se van a dar. O día 13 a primeira charla será sobre o presente e o futuro do Hospital da Costa, de Burela, aproveitando o anuncio de ampliación deste hospital xa para 2015, polo cal todos nos congratulamos. Para o día 20 temos a charla sobre enfermidades asociadas á idade, na que nos acompañará a doutora Clara Fernández, especialista en Medicina Interna. E remataremos o día 27 coa charla deterioro cognitivo e envellecemento que dará o doutor Luís López, especialista en Neuroloxía”.

Para o rexedor municipal “trátase de tres charlas moi interesantes, que coma tódolos anos seguro que teñen moitísima participación de público por parte de veciños focenses interesados no que é a medicina e nestas charlas que serven de acercamento ao que é realmente o Hospital da Costa, tanto para os nosos veciños coma para todos os dos demais municipios da Mariña que estean interesados neste tipo de charlas. Dende o Concello invitamos a todos eles e seguimos a agradecer ao Hospital da Costa a súa labor formativa e o seu compromiso co concello de Foz. E tamén queremos aproveitar a ocasión para agradecer a tódolos facultativos do Hospital da Costa a súa labor excepcional que tódolos médicos e enfermeiras están facendo neste hospital, que dende logo ten moito futuro  e é moi importante para os veciños de Foz, igual que para o resto de veciños da Mariña.”
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz