23 de Setembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

29.10.2014

Máis de 400 vehículos participarán na XI ruta Montes da Mariña que organizan Os Correcamiños, de Foz.

Na presentación participou o alcalde focense.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [98 Voto/s]

Foz, 28 de outubro de 2014. Máis de 400 vehículos participarán na XI edición do ruta Montes da Mariña que organizan Os Correcamiños 4x4, de Foz para este fin de semana. Na presentación, celebrada esta tarde, participou o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira.

Os organizadores explicaron que “a día de hoxe están inscritos 200 vehículos 4x4, 120 quads e 80 motos. Acudirán persoas de toda a xeografía española (Galicia, León, Asturias, País Vasco, Madrid,…) e tamén de Portugal. Durante este evento 60 vehículos da organización velarán polo bo desenvolvemento das actividades. O venres, 31 de outubro,  haberá a recepción de participantes; o sábado, 1 de novembro, desenvolverase unha ruta turística polo concello de Foz e haberá dúas zonas especiais onde as persoas que o desexen poderán ver este evento: ás 9:30 horas na zona da canteira de caolín de Fazouro e ás 13 horas en Brea (Nois). O domingo, 2 de novembro, a partir das 10 da mañá realizaranse probas de habilidade e velocidade no circuíto da Roxa, en Vilaronte”.

O club Os Correcamiños agradece “á Deputación Provincial de Lugo, ao Concello de Foz e ao Martínez Otero a súa colaboración, así como a todos os patrocinadores que fan posible esta nova edición”.

O alcalde de Foz comentou que “será un fin de semana completo de motor, no que aparte da ruta por camiños de diferentes concellos da Mariña haberá outras actividades como carreiras no circuíto de Vilaronte, concretamente o domingo pola mañá. É unha ruta interesante, unha referencia do 4x4 na nosa comarca e isto leva a que todo o fin de semana serán moitos os participantes e afeccionados ao motor que visitarán o noso concello, o cal é positivo para o deporte do motor e tamén para a hostalería e os hoteis de Foz, para os que este fin de semana será un dos máis importantes en canto a ocupación. Polo tanto dende o Concello ofrecemos o máximo apoio e colaboración e agradecemos a Correcamiños que, un ano máis, sigan confiando no noso concello para organizar esta ruta”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz