23 de Xullo de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

28.10.2014

Os camiños de A Sara e Mansín, nos barrios focenses de Marzán e Vilaxoane, están sendo mellorados con pavimento asfáltico.

As obras foron supervisadas hoxe polo alcalde de Foz.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [63 Voto/s]

Foz, 28 de outubro de 2014.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, supervisou hoxe as obras de pavimentación que se están realizando nos camiños de A Sara e Mansín, que pertencen a Marzán e Vilaxoane.

O rexedor explicou que “estes camiños unen Marzán e Vilaxoane, dous barrios da parroquia de Foz, estaban completamente ao natural e son moi transitados, non só para a actividade agrícola e gandeira, porque hai varias explotacións, senón tamén por moitos residentes que teñen alí as súas casas e ademais por xente que evita pasar polo núcleo urbano e desprázase por eses viais. Van ter un cambio substancial posto que a partir de agora contarán cun pavimento con base de grava e dotado de rego asfáltico, co cal a mellora é moi importante”.

Javier Castiñeira engadiu que “estas obras pertencen ao Plan de Obras e Servizos (POS) e son financiadas ao 50 por cento entre a Deputación de Lugo e o Concello de Foz. Nesta semana quedarán practicamente listas porque o tempo está acompañando. Esta mellora importante é un compromiso que tiña o goberno local do Partido Popular cos veciños deses barrios, pero é unha mellora que van notar non só os residentes en Marzán e Vilaxoane senón tamén o resto dos veciños de Foz”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz