19 de Abril de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

27.10.2014

Foz é o concello da provincia de Lugo elixido para acoller un proxecto da Xunta que achegará o cine a localidades que non teñen salas comerciais.

Esta iniciativa foi presentada hoxe en Santiago coa participación do alcalde focense.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [66 Voto/s]

Foz, 27 de outubro de 2014.- Foz é o concello da provincia de Lugo elixido pola Consellería de Cultura para acoller un proxecto que achegara o cine a catro localidades galegas que non teñen salas comerciais. Esta iniciativa, denominada Cinemas de Galicia, foi presentada hoxe en Santiago de Compostela cun acto no que participou o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira.

O rexedor municipal de Foz explicou: “vimos de presentar co conselleiro de Cultura, co director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e cos alcaldes dos outros tres concellos participantes a rede de Cinemas de Galicia, na que Foz é o concello da provincia de Lugo elixido para levar adiante este proxecto piloto que patrocina o Agadic cos concellos participantes. Neste caso Foz pon o salón de actos do Cenima para facer as proxeccións”.

Javier Castiñeira engadiu que “son catro concellos que, aínda que teñen envergadura (Foz, Sanxenxo, O Carballiño e As Pontes) non contan con sala de proxección de cine e trátase de achegar o cinema galego aos veciños destas localidades co obxectivo de expandilo despois polo resto dos concellos de Galicia. É un bo momento para arrancar con esta iniciativa que vai permitir que Foz teña cine no salón de actos do Cenima a partir do mes de novembro. Proxectarase unha película cada 15 días aproximadamente; estanse valorando as datas pero seguramente serán en días de semana en horario de tarde noite”.

O alcalde comentou que “estamos moi ilusionados, porque a verdade é que fai falta. É unha actividade moi boa para facer promoción do cine galego e o sector cinematográfico de Galicia está tamén moi involucrado neste proxecto. Despois das malas noticias que tivemos nestes últimos días porque os salas de cine comerciais están pasando dificultades esta é unha moi boa nova porque o Cenima de Foz vaise converter en cine. Cobrarase unha entrada de tres euros, que é igual para os catro concellos que vamos formar parte desta experiencia piloto”.

Castiñeira rematou animando a todos os focenses a asistir “unha vez saia a programación das películas que se van proxectar, que serán actuais e incluso no Nadal queremos facer unha programación de filmes infantís. Esperemos que isto sexa o principio dunha experiencia bonita e hai que agradecer á Consellería de Cultura e a Agadic que elixira a Foz, no centro da Mariña, para esta iniciativa”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz