20 de Abril de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

16.10.2014

O alcalde de Foz destaca os datos económicos positivos que arroxa a conta xeral do Concello correspondente ao ano 2013.

Foi aprobada nun pleno extraordinario cos votos favorables dos concelleiros do PP e as abstencións da oposición.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [69 Voto/s]

Foz, 16 de outubro de 2014.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, destaca os datos positivos que arroxa a conta xeral do Concello correspondente ao ano 2013. Foi aprobada nun pleno extraordinario da corporación municipal focense celebrado onte cos votos favorables dos concelleiros do goberno local do Partido Popular e as abstencións dos edís da oposición.  

O rexedor municipal manifestou hoxe que “o goberno do Concello de Foz valora moi satisfactoriamente o resultado do pleno extraordinario de onte, no que se sacou adiante a conta xeral do ano 2013 cos votos favorables do Partido Popular e as abstencións do resto dos concelleiros. Os informes eran todos favorables e os datos que se arroxan son moi positivos: estamos a falar de 1.200.000 euros de superávit; ese é o resultado orzamentario positivo, aínda que hai uns matices porque temos pendente de executar algunha subvención e están sen recoñecer esas facturas por cerca de 386.000 euros que quedaron sen crédito no 2013. Aínda así os datos son moi bos, mellores incluso que os do ano 2012, que arroxaba un resultado positivo de máis de 400.000 euros”.

Javier Castiñeira engadiu que “seguimos nesta boa dinámica dende o ano 2011, cando se cambiou o sentido negativo das contas do Concello de Foz e dende entón estanse arroxando datos moi positivos. Os de 2013 lévannos a un remanente de tesourería de máis de 980.000 euros. O endebedamento do Concello en canto a créditos bancarios é menor do 7 por cento, moi baixo para un concello coma o de Foz”.

O alcalde rematou explicando que “isto significa que o Concello de Foz dende o ano 2011 está pagando as súas débedas, baixando o endebedamento municipal e intentando mellorar a liquidez. Isto non se pode negar e moitas veces un quédase sorprendido do que le na prensa porque ante estes datos as queixas son falsas. Nós non vamos tirar flores, pero non queremos que ninguén diga o contrario á verdade e que faga demagoxia coas contas do Concello, que están aí completamente auditadas polo propio interventor municipal”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz