22 de Xullo de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

06.10.2014

A escola infantil Nosa Señora da Purificación, de Foz, empezou hoxe o curso ao rematar o pasado venres as obras de mellora no centro.

As instalacións foron visitadas pola delegada territorial da Xunta e polo alcalde focense.

Recomendar Imprimir Atrás

2.7/5 [86 Voto/s]

Foz, 6 de outubro de 2014.- A escola infantil Nosa Señora da Purificación, de Foz, empezou hoxe o curso escolar despois de rematar o pasado venres as obras de mellora realizadas no centro pola Consellería de Traballo e Benestar. As instalacións foron visitadas esta mañá pola delegada territorial da Xunta de Galicia, Raquel Arias, polo alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, e pola concelleira de Educación, Mercedes González Alonso.

O rexedor municipal explicou que “a gardería Nosa Señora da Purificación iniciou hoxe a súa actividade con total normalidade despois de recibirse o pasado venres as obras importantes realizadas para reformar os chans que quedaban de madeira. Esta actuación fíxose en prazo e estamos moi contentos con esta obra totalmente financiada pola Consellería de Traballo e Benestar con cerca de 90.000 euros. É un investimento máis desta consellería no noso concello, o cal queremos agradecer a Raquel Arias, que estivo hoxe no centro, pero tamén directamente á conselleira, porque sabe dos problemas que ten Foz e a verdade é que é unha consellería que está traballando moito no noso concello. Neste caso nunha gardería onde 53 nenos e nenas van ter de novo este servizo. Esta é unha das garderías máis antigas da Mariña e estamos moi contentos porque a obra quedou perfectamente”.

Javier Castiñeira agradeceu “sobre todo aos pais, que tiveron a paciencia de esperar un par de semanas para o comezo do curso, e tamén aos profesores, que levaron moi ben estas circunstancias”.

O alcalde comentou ademais que “Houbo quen quixo ensombrecer isto, coma sempre; aqueles que levan catro anos protestando en diferentes cadeiras e con distintas chaquetas, agora cunha chaqueta máis vermella e antes coa de Unifoz. Pero é xente á que lle molesta que se estean facendo obras, mentres que o resto dos cidadáns do concello de Foz estamos contentísimos de que a Consellería de Traballo e Benestar investira na nosa gardería cerca de 90.000 euros”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz