19 de Abril de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

03.10.2014

O Concello de Foz imparte un curso dirixido a socorristas que queiran obter o certificado de profesionalidade nivel 2 exixible para 2017.

A actividade conta cun programa formativo de 430 horas e lévase a cabo grazas a unha subvención da Xunta.

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [73 Voto/s]

Foz, 3 de outubro de 2014.- O Concello de Foz está a impartir estes días un curso de socorrismo dirixido a persoas que queiran obter o certificado de profesionalidade Nivel 2, necesario para exercer como socorristas en espazos acuáticos naturais a partir de 2017. O curso estase desenvolvendo grazas a unha subvención de 35.000 euros, procedentes da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. No programa desta actividade ofértanse un total de 430 horas de formación especializada, repartidas en clases teóricas e prácticas, que se están levando a cabo na Aula de Formación e na piscina municipal do concello focense.

O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, explicou: “hoxe pola mañá acercámonos a visitar aos alumnos que están a facer o curso que está impartindo o Concello, grazas ó financiamento da Consellería de Traballo. O curso dará o certificado de profesionalidade Nivel 2 de Socorrismo para Espazos Acuáticos Naturais e estase impartindo nas aulas da nave de formación do concello de Foz. Ademais, estanse realizando horas prácticas na piscina municipal. En total son máis de 430 as horas lectivas que estes alumnos van a desenrolar nestes próximos meses, antes de que remate o ano”.

O responsable municipal engadiu que “este é un curso interesantísimo, dos poucos que se están facendo en Galicia, e que permite ademais obter o certificado de profesionalidade Nivel 2 que a partir do ano 2017 será o único título posible para poder exercer coma socorrista en espazos acuáticos naturais. É ben certo que había unha necesidade na Mariña de titulados neste sentido para exercer como socorristas nas praias e é importante ir formándoos para non ter esas deficiencias para o ano  2017. Contamos con 35.000 euros de financiamento e, ademais dos 15 alumnos que están facendo o curso, hai un monitor e un administrativo que dirixen a actividade. Dende o Concello queremos agradecer novamente á Consellería de Traballo a súa confianza na Aula de Formación de Foz para impartir este curso”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz