15 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

26.09.2014

O pleno da corporación municipal de onte xoves 25, foi moi positivo.

O alcalde de Foz fai unha valoración positiva do pleno da corporación celebrado onte, no que se aprobou un convenio da coa DGT para mellorar os servizos que se prestan aos veciños do municipio.

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [59 Voto/s]

Foz, 26 de setembro de 2014.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, fai unha valoración positiva do pleno da corporación local celebrado onte, no que se aprobou un convenio coa Dirección General de Tráfico (DGT) para mellorar os servizos que se prestan aos veciños do municipio.

“Dende o grupo de goberno do Concello de Foz facemos unha valoración positiva do pleno ordinario celebrado este xoves. Era unha sesión complexa posto que cambiou bastante a situación da corporación ao pasarse os catro concelleiros do grupo socialista a non adscritos e o concelleiro Xaime Cancio de Unifoz tamén a non adscrito. A solución que se deu para intervencións, rogos e preguntas foi aprobada por todos, completamente democrática, e todo o mundo puido intervir de forma organizada. Única e exclusivamente Unifoz mudou a súa opinión das comisións: cando estaba de acordo en cederlle un rogo e unha pregunta ao concelleiro escindido dos que tiñan cambiou de opinión e pasou a reclamar os tres rogos e preguntas que lle correspondían. Concedéuselle, pero iso demostra novamente a situación do grupo Unifoz, que non é capaz nin de cederlle un rogo e unha pregunta a un concelleiro que deixou as súas filas. Tampouco é comprensible porque polas explicacións que eles deron no seu momento dos motivos polos que Xaime Cancio abandonaba o partido parecía que todo era unha balsa de aceite, pero agora parece que non é así ou que Unifoz non é capaz de ceder nunca a nin unha soa pretensión a favor do pleno”, explicou Javier Castiñeira.

O rexedor municipal engadiu que “o resultado das mocións foi positivo, sobre todo na máis importante, que era a proposta do goberno presentada por urxencia para asinar un convenio coa Dirección General de Tráfico e a Policía Local de Foz para compartir programas informáticos, bases de datos e medios para mellorar a eficacia dos servizos. E interesante e vai redundar nos servizos que se van dar aos veciños, moitos deles sobre información e documentación que tiñan que levar a Tráfico e agora xa o van poder facer, unha vez que estea asinado ese convenio, na Policía Local de Foz”.

Castiñeira rematou comentando que “seguiremos así, en contra do que dicía o señor Xaime Cancio de que íamos negarlles a palabra a todas aqueles concelleiros que nos estaban adscritos a un grupo político; efectivamente é totalmente o contrario, novamente volveuse equivocar”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz