12 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

22.09.2014

Foz celebrará este sábado o seu noveno Día da Bicicleta.

A ruta partirá ás 16:00 horas do Parque Infantil de Tráfico e percorrerá 14 km en paralelo ás praias do municipio.

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [44 Voto/s]

Foz, 22 de setembro de 2014.- O Concello de Foz celebrará o vindeiro sábado, 27 de setembro, a novena edición do Día da Bicicleta. A marcha terá un percorrido de 14 quilómetros e partirá ás 16:00 horas do Parque Infantil de Tráfico. Dende alí, dirixirase á Ruta das Praias e chegará á zona de avituallamento situada no Parque do Río Ouro. Posteriormente, os participantes realizarán o mesmo percorrido á inversa, regresando así ao punto orixinal de partida. Haberá premios para o/a participante máis novo/a, para o máis veterano/a, para a bicicleta máis engalanada e para o mellor disfrace. O resto de integrantes da marcha tamén poderán participar no sorteo de diferentes agasallos.

Dende a Delegación de Xuventude de Foz informan de que, coma en anteriores edicións, o evento estará aberto a persoas de tódalas idades, ofrecendo así a oportunidade a moitos pais e nais de practicar deporte ao aire libre cos seus fillos e fillas. Ademais recordan que a actividade non ten ánimo competitivo, senón unha finalidade lúdica coa que o Concello pretende potenciar o uso da bicicleta e os hábitos saudables entre tódolos colectivos.

Os interesados en participar neste evento poden inscribirse dende hoxe e ata o venres 26 de setembro na Casa da Xuventude de Foz, no teléfono 982.13.30.37 ou no enderezo electrónico xuventude@concellofoz.es. Tamén o poderán facer o mesmo día da celebración da marcha, entre as 15:00 e as 15:45 horas, no Parque Infantil de Tráfico.

Dende o Concello de Foz agardan que este noveno Día da Bicicleta se converta nunha gran festa interxeracional na que nenos/as e maiores gocen dunha tarde deportiva antes de que chegue o frío. Ademais agradecen a colaboración prestada polo Club Ciclista de Foz, Frutas Morriña, Motos Baltasar, Burela Bikes, Living Sport, Supermercados Froiz e Gadis, así como a participación da Protección Civil e da Policía Local de Foz, que fan posible un ano máis a celebración deste evento.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz