12 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

17.09.2014

O Partido Popular de Foz critica “o abandono e a deslealdade” de José Ramón Gómez Besteiro co concello focense.

Recomendar Imprimir Atrás

2.7/5 [32 Voto/s]

Foz, 17 de setembro de 2014.- O secretario xeral do Partido Popular de Foz, Juan Rivas, critica a deslealdade do presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, co concello de Foz.

“Dende o Partido Popular de Foz temos que lamentar que o presidente da Deputación de Lugo leve toda esta lexislatura sendo desleal co Concello. En ningún momento atendeu os requirimentos e as necesidades básicas que o Concello de Foz lle formulou, chegando ata o límite de non ser capaz de recibir, en ningún momento, ao alcalde. O señor Besteiro ten abandonadas todas as infraestruturas e estradas da Deputación ao paso polo noso municipio, sendo sempre Foz un dos últimos concellos en ser atendidos, tarde, mal e arrastro, atendendo máis ben a sectarismos políticos que a cubrir as nosas necesidades de obras e servizos, que son de tanta importancia para o noso concello”, manifestou Juan Rivas.

O secretario xeral do PP de Foz engadiu que “proba de todo isto témola na situación do Partido Socialista de Foz, no cal os mesmos compañeiros e os tres últimos portavoces achácanlle ao señor Besteiro que non sexa capaz de recibilos, facéndolles exactamente o mesmo que lle está a facer ao Concello de Foz. Así demostra que ten moi pouco interese por este pobo. E si, é verdade que nos gusta que veña a Foz de vacacións, pero tamén nos gusta que veña a traballar e a traer obras, pero desgraciadamente levamos tres anos de ausencia do señor Besteiro, nos temas importantes e incluso nas cousas máis normais e cotiás coma a asistencia a actos aos que está invitado”.

Rivas subliñou que “por todo isto dende o Partido Popular queremos manifestar o noso absoluto descontento pola total deslealdade deste señor co Concello de Foz e cos seus propios compañeiros. A estes últimos chegou ata o punto de traizoalos, abandonando á xente de base por tránsfugas con obxectivos completamente personalistas. Ata tal punto ten o señor Besteiro abandonados a estes militantes e simpatizantes do PSOE de Foz que admite quedarse incluso sen grupo municipal. Este señor, que pretende gobernar unha autonomía, non sabe nin resolver o barullo que ten montado nas súas propias filas en Foz. Proba da súa ineptitude é que está a manter á fronte do comité local do PSOE focense, a unha persoa inepta e interesada que ao único que se dedica é a asegurar o seu futuro profesional, mostrando moi pouco bagaxe ético e moi pouca dedicación”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz