28 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

08.09.2014

A oficina de turismo de Foz atendeu a máis de 8.000 persoas durante os meses de xuño, xullo e agosto.

Maite López: “o noso concello ten moito que ofrecer e seguiremos traballando para poder dar moito máis aos nosos visitantes".

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [136 Voto/s]

Foz, 8 de setembro de 2014.- A oficina de turismo de Foz atendeu a máis de 8.000 persoas durante os meses de xuño, xullo e agosto. Este dato foi dado a coñecer hoxe pola concelleira de Turismo focense, Maite López Rego.

“O balance é moi positivo, posto que, como xa aconteceu en anos anteriores, volvemos mellorar o número de visitas, triplicando as de 2012.
Dúas persoas foron as encargadas de atender a xente na oficina: a técnico municipal máis outra que se puido contratar grazas á colaboración da Xunta de Galicia. Ademais, como xa viñamos facendo dende hai uns meses, contamos cunha guía para as visitas á basílica de San Martiño”, explicou a edil de Turismo, quen especificou que “no mes de xuño pasaron pola oficina de turismo 424 persoas; en xullo, 1.721; e no mes de agosto elevamos a cifra a 6.092 visitas”.


Maite López Rego comentou tamén que “a maior parte do turismo é nacional: madrileños, asturianos, leoneses, vascos e incluso galegos, aínda que, nun número moi inferior, tamén houbo xente estranxeira que apostou por Foz para pasar as súas vacacións”.

A concelleira de Turismo en Foz destacou ademais que se rexistraron “moi poucas incidencias e as que houbo foron de pouca importancia. Foz segue contando con Bandeira Azul en seis dos seus areais (A Rapadoira, Llas, Peizás, Arealonga, Polas e Areoura) e ademais con Sistemas Ambientais ISO 14001 en todas as anteriores e tamén en Xuncos, Pampillosa e Alemáns, aparte da Q de calidade turística na Rapadoira, sen esquecerme do Galardón Sendeiro Azul para a Ruta das Praias, que vai dende A Rapadoira ata A Areoura”.

Maite López rematou comentando que “o noso concello ten moito que ofrecer e seguiremos traballando para poder dar moito máis aos nosos visitantes. Formamos parte dun lugar de Galicia chamado A Mariña, que conta con numerosos lugares marabillosos que poder facer inesquecibles as vacacións de calquera. Quero agradecer a tódolos visitantes que contaron con Foz para pasar uns días e a tódolos focegos a hospitalidade que ano tras ano lles ofrecen aos nosos turistas, ese trato e ese cariño que fan que aposten por nós ano tras ano. Polo demais seguiremos traballando nesta liña e facendo oídos xordos a esas críticas envexosas que o único que fan é prexudicar ó noso concello”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz