19 de Abril de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

01.09.2014

Comezaron as actividades do obradoiro de emprego Pardo de Cela nos concellos de Alfoz, Foz, Mondoñedo e O Valadouro.

O alcalde focense explicou que conta con 20 alumnos, dous monitores, un administrativo e un director.

Recomendar Imprimir Atrás

3.3/5 [60 Voto/s]

Foz, 1 de setembro de 2014.- En nome dos catro concellos que participan no obradoiro de emprego Pardo de Cela (o de Foz, como coordinador, e os de Mondoñedo, Alfoz e O Valadouro), o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, explicou que “ten dous módulos: un deles vai traballar nos concellos de O Valadouro e Alfoz, mentres que o outro está nos concellos de Mondoñedo e Foz. En total son 20 persoas, 10 en cada módulo, e ademais dous monitores, un administrativo e un director, que xa están traballando dende o pasado venres”.

O rexedor municipal de Foz engadiu que “hai unha boa labor de coordinación entre os catro concellos; estamos contentos de que, de forma totalmente equilibrada, poida haber 5 veciños de cada concello que poidan dispor desa formación nun obradoiro de emprego. Estamos esperando a que inicien xa a súa actividade nos ríos que compartimos, que son moitos, entre os catro concellos e tamén en zonas recreativas, xa que vai servir para ter rozados eses lugares”.

Para Javier Castiñeira é “un bo obradoiro”, polo que “agradecemos á Consellería de Traballo que nos concedese o obradoiro Pardo de Cela, que en certo modo é o personaxe que nos une aos catro concellos e quixemos facerlle esta homenaxe poñéndolle este nome. Moitas grazas e moita sorte a todos os alumnos e aos monitores nestes próximos seis meses”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz