29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

22.07.2014

O portavoz de Unifoz, Xaime Cancio, renuncia ao seu posto de representante do Concello na Mancomunidade de Municipios da Mariña.

Este asunto tratarase no pleno da corporación focense que se celebrará a vindeira semana.

Recomendar Imprimir Atrás

2.6/5 [51 Voto/s]

Foz, 22 de xullo de 2014.- O pleno da corporación municipal de Foz que se celebrará a vindeira semana abordará a renuncia do portavoz de Unifoz, Xaime Cancio, ao seu posto como representante do Concello na Mancomunidade de Municipios da Mariña.

Deuno a coñecer hoxe o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, quen manifestou que isto supón “o inicio do desmantelamento do partido Unifoz,  que ten tres concelleiros na corporación municipal de Foz. O primeiro paso é o que se levará a pleno a vindeira semana, que é a renuncia do señor Xaime Cancio a ser un dos representantes do Concello focense na Mancomunidade de Municipios da Mariña”.

Javier Castiñeira engadiu que “iso significa que Xaime Cancio empeza a renunciar aos cargos que tiña en Unifoz, que está a preparar o asalto novamente ao PSOE. Iso non nos importa, pero o que si nos importa é a estabilidade da corporación municipal. E este señor desde o primeiro momento, nun partido que tiña que ser chave e encargarse de facer cousas, usou aos seus compañeiros, a Unifoz, para tratar de desestabilizar ao goberno municipal co único obxectivo que se está a ver agora. Ten un afán personalista importante, entende a política para beneficio propio, e o primeiro paso  é este: ceder a representación ao seguinte membro de Unifoz e iso significa que Unifoz é un partido de curto percorrido; así o demostrou e é lóxico que perdera a confianza de moita xente que tiña postas moitas expectativas nun partido, que nun principio ía ser independente e que agora vai ser unha sucursal do Partido Socialista; ou ao revés, porque igual, tal e como se están a poñer as cousas, o Partido Socialista é unha sucursal de Unifoz”.

O rexedor municipal comentou tamén que “os movementos están aí e nós o que lles pedimos é que non lle afecte á corporación, porque hai moitos asuntos pendentes, hai un plan xeral, as contas e os orzamentos destes anos, o mandato non rematou; pero xa hai xente que está a pensar en clave política cando realmente hai moitas cousas que resolver no noso Concello. Que se deixen de pensar tanto en si mesmos e que pensen algo, aínda que sexa o último ano, no pobo de Foz.”

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz