22 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

17.07.2014

Balance positivo das Festas do Carme.

O Concello de Foz agradece a veciños e autoridades a implicación nas festas do Carme e valora de forma moi positiva as cifras alcanzadas en canto a participación tanto nos actos relixiosos coma nas verbenas.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [38 Voto/s]

Foz, 17 de xullo de 2014.- Un día despois de celebrarse o día grande das Festas do Carme en Foz, o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, fixo balance dos resultados de asistencia e participación a estes festexos. O rexedor mostrouse  “moi contento ante o resultado tan bo que deixaron estas festas no concello”.

Castiñeira afirmou que “o grupo de goberno, e o Concello en xeral, estamos moi agradecidos e moi contentos co resultado das Festas do Carme de Foz. Unhas festas populosas e populares nas que todo o mundo goza e vive con paixón a festividade da nosa patroa. E unhas festas nas que o resultado foi moi bo.”  Fixo pública a súa felicitación á comisión de festas, a asociación Sempre Foz, xa que para o alcalde “foi a verdadeira protagonista destes resultados, xunto coa Concellería de Cultura personificada na figura de Ánxel Paleo, que conseguiron con moito esforzo sacar adiante unhas festas tan importantes coma son as do Carme.”

Javier Castiñeira destacou que “todo o que sucedeu arredor da propia festa saíu moi ben e nas alfombras florais, a pesar da choiva, houbo moita colaboración cidadá. É algo que quero agradecer a tódalas peñas que colaboraron na elaboración, á Asociación Virxe do Carme,  a tódolos portadores da Confraría Virxe do Carme e por suposto a toda a parroquia e a tódalas autoridades que presidiron os actos. Entre eles, o señor bispo de Mondoñedo e Ferrol, don Manuel Sánchez Monje; a directora xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro; e o portavoz do Partido Popular no Senado, Xosé Manuel Barreiro. Tamén a outros deputados e compañeiros da corporación que estiveron presentes en tódolos actos. A todos eles e ao presidente da confraría de pescadores moitas grazas por acompañar estes actos tan importantes que forman parte do éxito”.

O rexedor afirmou que “os os números están aí, as cifras de xente e a presenza en tódolos actos foi boa e dende os primeiros días ata o último da verbena de onte non houbo ningún incidente salientable”. Castiñeira recordou que “máis alá das Festas do Carme, seguimos co programa deste verán en Foz que afortunadamente é moi extenso. Na seguinte fin de semana son varias as parroquias que están de festas, coma San Martiño cunha verbena moi populosa e popular e tamén Cangas, celebrando os seus días grandes os próximos sábado e domingo”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz