29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

15.07.2014

Éxito dos festivais culturais Vrao e Coa Nosa Fala

O Concello de Foz móstrase moi satisfeito coa participación nos festivais culturais Vrao e Coa Nosa Fala, celebrados a pasada fin de semana e onte, luns.

Javier Castiñeira aproveita para defenderse das críticas da oposición, á que acusa de querer danar a imaxe do concello.

Recomendar Imprimir Atrás

3.6/5 [54 Voto/s]

Foz, 15 de xullo de 2014.- O Concello de Foz fai unha valoración moi positiva dos dous últimos festivais celebrados no municipio: Vrao, promovido pola asociación cultural Ó!; e Coa Nosa Fala, organizado pola Concellería de Cultura.
 
O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, afirmou que “dende o Concello facemos unha valoración moi positiva destes dous últimos festivais culturais celebrados no municipio durante o pasado fin de semana e no día de onte. Concretamente o Festival Vrao foi o primeiro que se fixo por diferentes lugares de Foz, con varias actuacións nas zonas da Rapadoira e do porto. Nel interpretouse música alternativa que gustou moito á xuventude pola calidade dos músicos, pero tamén pola boa organización e o montaxe que fixo a agrupación cultural Ó!.” Un traballo polo que o rexedor quere felicitalos, “xa que, en colaboración co Concello, conseguiron sacar adiante nunha fin de semana complexa, con moitas actividades, un festival innovador e moderno, que esperemos que siga repetíndose nos vindeiros anos”.

Sobre o festival de música galega organizado pola Concellaría de Cultura en colaboración con Arcadio Mon, director da Escola Municipal de Música de Foz, Castiñeira  asegurou que “trátase dun festival consagrado, que xa vai pola súa terceira edición e que este ano volveu lograr unha asistencia multitudinaria na súa celebración na zona do Campo da Cabana. Ocupáronse todas as localidades nesta infraestrutura que está en obras, que se preparou precisamente para poder facer este festival e seguirán agora os traballos durante a semana que vén para tratar de rematar a limpeza e pintado final de pistas, así como a colocación de redes arredor da cancha e de porterías e canastras”. Neste aspecto Javier Castiñeira quixo agradecer ó Concello de Cervo a súa colaboración por prestar as gradas supletorias que permitiron realizar o festival Coa Nosa Fala: “grazas a este concello puidemos usar o Campo da Cabana para este evento e tamén nos próximos meses, mentres non estean instaladas as novas bancadas”.

O alcalde focense aproveitou a ocasión para defenderse das críticas dalgúns grupos da oposición: “son as críticas dos de sempre, da oposición desleal que prefire danar a imaxe do concello de Foz en vez de gabar a actividade e  a multitude de actos que se están levando a cabo por diferentes asociacións. Hai quen se dedica a criticar e sacar fotos, mentres que cando eles gobernaban tiñan as cámaras moi escondidas. A intención é danar ó pobo, como levan intentando facer durante tres anos, e parece que neste, que é o último da lexislatura, non vai ser menos.” Castiñeira engadiu que “o máis grave é que xa empeza a haber unha campaña nas redes sociais que parece certamente dirixida por aqueles que non souberon gobernar Foz e que agora dende a oposición tratan de danar a imaxe do Concello, que seguirá traballando con este ritmo e asumindo que estamos nun verán moi activo.”
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz