29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

10.07.2014

¿Quén dixo que non había persoal para atender aos dependentes?

No Concello de Foz nunca houbo tanto persoal como agora para atender o servizo de axuda no fogar, no que traballan 29 persoas.

Aclarouno o alcalde ante as críticas realizadas por Unifoz.

Recomendar Imprimir Atrás

3.2/5 [77 Voto/s]

Foz, 10 de xullo de 2014.- No Concello de Foz nunca houbo tanto persoal como agora para atender o servizo de axuda no fogar, no que traballan 29 persoas. Aclarouno hoxe o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, ante as críticas realizadas polo portavoz de Unifoz, Jaime Cancio.

“O señor Cancio está, coma sempre, con mentiras ou medias verdades, porque no servizo de axuda no fogar, básica e de dependentes, no Concello de Foz nunca estivo traballando tanto persoal: concretamente 27 atendendo o SAF para a dependencia e 2 no básico. Dende que hai SAF de dependencia o básico baixa, pero o que hai que contabilizar dende logo é a totalidade e nunca o Concello de Foz tivo tantas persoas atendendo a axuda no fogar”, explicou o rexedor municipal.

Javier Castiñeira dille “ao señor Cancio que non trate de danar a imaxe do pobo porque leva tres anos criticando, que se lle nota que perdeu o seu sitio político e agora está bastante preocupado porque parece ser que lle saíu contrincante para o seu futuro político. Aconséllolle que se postule, que diga con quen vai ir no seu próximo futuro político, pero que se deixe de andar criticando ao Concello tratando de danar a imaxe con medias verdades ou falsidades”.

O alcalde engadiu: “total tranquilidade, porque hai cerca de 30 persoas cubrindo os servizos sociais do noso concello, que atenden a 52 dependentes e a outras 17 persoas no SAF básico. E o señor Cancio que traballe un pouco máis e que deixe de criticar, porque creo que necesitamos que todos rememos no mesmo sentido”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz