18 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

23.06.2014

Actividades para nenos e "noites alternativas".

O Concello de Foz organiza actividades para nen@s de 3 a 12 anos durante os meses de xullo e agosto.

Tamén promove as noites alternativas, con competicións deportivas na praia da Rapadoira e no Campo da Cabana.

Recomendar Imprimir Atrás

3.6/5 [63 Voto/s]

Foz, 23 de xuño de 2014.- O Concello de Foz organiza actividades para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos durante os meses de xullo e agosto. Tamén promove as Noites Alternativas, con competicións deportivas na praia da Rapadoira e no Campo da Cabana a partir das 22 horas.

O programa denominado Aberto por vacacións, para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, desenvolverase durante os meses de xullo e agosto de 11 a 13 horas. Haberá actividades deportivas, medioambientais, formativas, de praia, etcétera para que os participantes pasen un verán entretido e divertido.

O custo destas actividades é de 10 euros cada mes e os interesados pode inscribirse para un mes ou para os dous. O prazo para anotarse abriuse hoxe, 23 de xuño, na Casa da Xuventude, onde tamén se fará a presentación para os inscritos o día 1 de xullo ás 11 horas. As actividades comezarán o 8 de xullo.

En canto ás Noites Alternativas, trátase dunha iniciativa coa que o Concello de Foz anima a facer deporte durante as noites do verán. Este programa vai dirixido a persoas a partir de 10 anos, que poderán practicar voleipraia, baloncesto, fútbol praia e fútbol sala. Será na praia da Rapadoira ou na pista polideportiva do Campo da Cabana con formato dun torneo cada semana.

A participación é gratuíta pero é necesario inscribirse.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz