29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

23.06.2014

A conselleira de Traballo, Beatriz Mato, entrega os diplomas os participantes no obradoiro de emprego Pico do Castro.

Recibiron os seus diplomas os participantes no obradoiro de emprego Pico do Castro, de Foz, que habilitou os 7 novos locais para asociacións entregados hoxe.

No acto a conselleira de Traballo anunciou a concesión doutro obradoiro de emprego e a adxudicación definitiva da construción do xeriátrico focense.

Recomendar Imprimir Atrás

3.5/5 [61 Voto/s]

Foz, 23 de xuño de 2014.- Foz acolleu hoxe a entrega dos diplomas aos participantes no obradoiro Pico do Castro, que habilitou os 7 novos locais para asociacións que foron postos a disposición dos colectivos correspondentes. O acto estivo presidido pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen anunciou a concesión doutro obradoiro de emprego e tamén a adxudicación definitiva da construción do xeriátrico focense.

O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, explicou: “hoxe entregáronse os diplomas aos alumnos do obradoiro de emprego Pico do Castro, que tivemos durante seis meses no noso concello elaborando diferentes proxectos. Nesa entrega estivo a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, a quen lle queremos agradecer a súa presenza, ao igual que á delegada territorial, Raquel Arias, e ao xefe territorial de Traballo e Benestar”.

O rexedor municipal destacou que “é un día importante porque, aparte desa entrega dos diplomas aos participantes no obradoiro de emprego, tamén se entregaron os locais para diferentes asociacións que fixo o obradoiro de emprego. Con elo acadase un obxectivo importante, como era trasladar á escola de música e a todas as organizacións vinculadas á música para a Casa do Mar e todas aquelas as asociacións que estaban neste edificio pasarán a estes novos locais na Praza de Trégastel. É importante porque se consegue que a escola de música teña uns locais moito máis preparados para a súa actividade docente, centralízanse tamén todas as asociacións vinculadas á música e ao baile na Casa do Mar e dótanse novas instalacións con 7 locais para albergar a diferentes asociacións que hai no concello. A todas elas hai que agradecerlles que durante estes seis meses tivesen a deferencia de compartir locais moitas veces ou trasladarse ata que non se entregaron os novos”.

Javier Castiñeira engadiu que “ademais a propia conselleira anunciou que Foz, xunto con Alfoz, O Valadouro e Mondoñedo, vamos ter en breve un novo obradoiro de emprego, que leva o nome de Pardo de Cela. Polo tanto estamos de noraboa. E deuse a coñecer tamén que o pasado venres se publicou a adxudicación definitiva da construción do xeriátrico de Foz, co cal o proceso xa está na última parte, na de contratación e achega de documentación por parte da empresa. Esperamos que no transcurso de 15 ou 20 días xa poidan estar traballando nesa obra, que xa ten licenza municipal. Polo tanto estamos moi contentos porque o día de hoxe foi moi frutífero e produtivo, froito do traballo de moito tempo, da moi boa relación que existe con esta Consellería e do gran labor que está facendo esta conselleira nun departamento complexo”.


Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz